A Foz do Miñor declarada Lugar de Especial Interese Paisaxístico (LEIP)

A Ría Non se Vende, Luita Verde e a Plataforma pola defensa dos Montes do Morrazo, fixeron alegacións ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, solicitando a inclusión no mesmo da Foz do Miñor como Área de Especial Interese Paisaxística (AEIP).

foto424O resultado foi a estimación parcial da solicitude e a declaración da Foz do Miñor como Lugar de Especial Interese Paisaxístico (LEIP).

foto525

Esta é unha medalla máis a engadir á larga lista de figuras de protección das que pode presumir a Foz do Miñor, figuras que levan aparelladas lexislación que deberían protexela medioambientalmente, como son:

Lástima que ningunha delas sirva polo de agora para que as administracións poñan freo, dunha vez por todas, aos diversos ataques medioambientais que está a sofrer a zona desde hai demasiado tempo.

Non será por medallas. Non será por lexislación. Non será por valores a preservar. Non será por paisaxe. Non será pola cidadanía que respondeu moi positivamente ás chamadas para a protección da zona.

 

Por que será? Preguntámonos.

ARNSV apoia o texto de adesom para colectivos sociais, organizaçons e sindicatos sobre a “Operación Jaro”.

Relación de colectivos que apoian o comunicado:

Jaro

Afiadoras de Fútebol Gaélico
Agir
Agora Galiza
A Riada do Tea
Associaçom Antifascista Jimmy Sempre com Nós
Associaçom Cultural Amigos da Cultura de Ponte Vedra
Associaçom Cultural Festival das Brétemas (Ponte Areias)
Associaçom de Luita Livre Olímpica Alacrám Vermelho (Porrinho)
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
Briga
Ceivar
Centro Social A Galheira (Ourense)
Centro Social A Gentalha do Pichel (Compostela)
Centro Social Auto-gestionário O Fresco (Ponte Areias)
Centro Social Faisca (Vigo)
Centro Social Harar (Noia)
Centro Social Mádia Leva! (Lugo)
Centro Social Revolta (Vigo)
Coletivo Nacionalista de Marim (CNM)
Comité de Solidariedade com os Presos e Presas Políticas
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Fundaçom Artábria
Grupo de Acción Social (Vigo)
Movemento polos Dereitos Civis (MDC)
Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG)
Partido Comunista do Povo Galego (PCPG)
Que voltem para a Casa!
Rede de Coletivos A Ria nom se Vende
Riazor Blues
Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
Verdegaia
Xebra Associaçom (Burela)
Xeira

TEXTO DE ADESOM PARA COLETIVOS SOCIAIS, ORGANIZAÇONS E SINDICATOS
SOBRE A “OPERACIÓN JARO”.

Em 30 de outubro passado, nove independentistas galegas e galegos forom detidos pola Guardia Civil numha presunta “operación antiterrorista” e acusados de dous delitos de “integraçom en banda armada” e “enaltecemento do terrorismo” que poderiam supor anos de prisom.
As detençons estiveron acompanhadas dum importante dispositivo mediático que socializou a versom policial, condenando sem juízo prévio as nove pessoas detidas, vulnerando a sua presunçom de inocencia e ocultando o impulso político do operativo policial.
Agora, após a que se donominou Operación Jaro, estes cidadáns e cidadás galegas tenhen un processo penal aberto num tribunal de exceçom como é a Audiencia Nacional.
Além disto, a organizaçom política na que militavam, Causa Galiza, conhecida públicamente desde 2007 polo seu trabalho en favor de direito de autodeterminaçom da Galiza e da independencia nacional, foi suspendida durante um período de dous anos, o que equivale a umha ilegalizaçom de facto.

As organizaçons políticas, colectivos sociais, associaçons e sindicatos que convocamos a manifestaçom nacional “En defensa dos direitos civis e políticos para todas e todos. Nom á ilegalizaçom de organizaçons políticas” qaueremos fazer público o seguinte:

1º Exprimimos a nossa solidariedade com as nove pessoas detidas pola Guardia Civil, exigimos a retirada das graves imputaçons penais ás que estám submetidas no que é um novo caso de repressom política e denunciamos o carácter abertamente político da operaçom.

2º Exigim0s o levantamento da suspensom das atividades políticas que desenvolve a organizaçom política independentista Causa Galiza e condiçons para o pleno exercicio das liberdades de reuniom, associaçom e manifestaçom para todos os galegos e galegas. Nengumha opiniom nem ideologíaagás o racismo e o fascismo-podem ser “ilegalizadas”.

3ºDenunciamos o proceso de fascistizaçom do regime espanhol, que é manifesto nesta tentativa de criminalizar e deixar fora da legalidade o independentismo organizado, a imposiçom de normativas como a Lei Mordaça, a aplicaçom sistemática de sançons penais e administrativas ao protesto e a mobilizaçom social, etc.

4º Polas razóns arriba expostas, convocamos a sociedade galega a se manifestar no próximo 24 de janeiro ás 12:00h desde a Alameda de Compostela a, unindo numha soa voz a denuncia de todos os sectores sociais, políticos e sindicais contrários a processos e vulneraçons de direitos humanos, constitucionais e políticos como os que estamos a contemplar.

Na Galiza, em 9 de janeiro de 2015.

Comunicado da rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” perante as últimas detencións

A rede de colectivos A Ría Non Se Vende esixi​mos a posta en liberdade, das persoas detidas este venres 30 de Outubro, duas das cales son compañeir@s desta rede, as cales foron sacadas violentamente das suas vivendas e levadas pola forza a Madrid para ser interrogadas na Audiencia Nacional. A nosa total e sinceira solidariedade, con elas.

carcel1

Era febreiro do ano pasado, quedaba arquivada a causa contra o noso compañeiro Xulio Saiáns, logo de ser falsamente acusado de “financiación de organización terrorista” e “integración en organización terrorista”acusacións polas que a Fiscalía pedía inicialmente 20 anos de cadea. Xulio foi levado a Madrid e pasou 41 días de cativerio arredado da súa familia e tivo que pagar unha fianza de 6.000 euros para poder sair en liberdade e presentarse cada 15 días no xulgado para, finalmente a causa quedar arquivada por non existir indicios de delito.

Estas últimas detencións non teñen xustificación e foron levadas a cabo dun xeito brutal, cunha exibición desmesurada de armamento,por un desmedido número de efectivos da Garda Civil, que entraron pola forza nos domicilios, lembrando o represivo estilo franquista, rebentando as portas realizando rexistros e requisando todo tipo de obxectos persoais.

Estas detencións son totalmente arbitrarias, xa que se lles acusa de enaltecemento do terrorismo, sen presentar ningunha proba delo, e por pertencer a unha organización política que está legalmente inscrita e que nunca foi ilegalizada.

Denunciamos a vergoñenta campaña mediática que, sen ter en conta a presunción de inocencia, difunde a versión redactada no Ministerio do Interior, que incluso relaciona as persoas detidas com organizacións desaparecidas hai 25 anos.

Pensamos que estos actos forman parte dunha estratexia de criminalización das ideas e das persoas que teñen un craro compromiso coa defensa da terra e que luitan por unha sociedade xusta, unha terra viva e unha vida digna.

Cremos que estas actuacións en Galiza, igual que as levadas a cabo hai uns dias en Cataluña contra colectivos sociais, na que foron detidas nove persoas, das que oito xa están en liberdade, só persiguen criar unha cortina de fume para desviar a atención dos casos de corrupción que ten o goberno cando estamos en plena precampaña eleitoral. A nosa solidariedade tamén está con @s compañeir@s cataláns inxustamente detid@s.

O compañeiro Salva non poido ser trasladado a Madrid, debido ao seu delicado estado de saúde, mais está acusado do mesmo suposto delito.

DEFENDER A TERRA NON É DELITO

DETID@S LIVERDADE

BASTA DE REPRESIÓN E MONTAXES POLICIAIS​

A Ría Non se Vende

Sábado 20 de xuño: Marcha contra Celulosas

O vindeiro sábado 20 de xuño ás 19:30 horas, sairá simultáneamente desde as Alamedas de Pontevedra e Marín a “MARCHA CONTRA CELULOSAS”

Dende A Ría Non Se Vende non podemos menos que apoiar esta protesta contra unha industria contaminante e perigosa situada nunha zona de enorme valor biolóxico e ambiental.

 Ence -3

Pero, ademáis, gustaríanos lembrar o outro gran ataque ambiental que pon en perigo tamén o esteiro do Lerez e toda a ría de Pontevedra como é o efectuado polo Porto de Marín a traveso da caciquil e anacrónica Autoridade Portuaria que o xestiona defendendo claramente intereses alleos ao ben común.

Lembremos que dende o ano 2009 existe unha sentenza firme de derrubo dos máis de 300.000 metros cadrados de recheo que foron realizados sen informe de avaliación ambiental. Derrubo que corresponde executar á Autoridade Portuaria, Deputación Provincial e Xunta de Galicia.

 PORTO DE MARÍN, LV, p23c3f1

Este recheo non soamente era innecesario e afecta gravemente ao esteiro do Lerez, senón que da acubillo a empresas non relacionadas en absoluto co mar como Gonvarri Industrial S.A., empresa do sector metalúrxico que xa foi condeada no 2000 por un escandaloso verquido contaminante no río Llobregat.

Por outra parte, o porto de Marín é tamén símbolo da gran pesca industrial, que traballa con artes de arrastre e está levando os océanos a un lamentable estado de destrucción e esgotamento de recursos.

Gustaríanos que en esta ocasión, ademáis da protesta contra celulosas se lembraran tamén estas temáticas de grave deterioro ambiental que están a protexerse e impulsarse dende institucións públicas cuxos responsables parecen gozar de absoluta  impunidade política e xudicial nas súas actuacións.

Vigo a 17 de xuño de 2015 

Rede de colectivos A Ría Non Se Vende

A Ría non se Vende pede solidariedade nacional e internacional para Marcos Celeiro

A Ría non se Vende pede solidariedade nacional e internacional para

Marcos Celeiro,

um membro da nossa Rede a quem quer silenciar a mineira Cementos Cosmos da transnacional Votorantim

Marcos Celeiro

No próximo 7 de maio será em Vigo a vista do julgamento no processo judiciário da empresa mineira Cementos Cosmos (da multinacional Votorantim) contra o nosso companheiro Marcos Celeiro, um vizinho de Triacastela que vive na área de concessão mineira de esta empresa cementeira multinacional afectando a sua vida, ambiente e a vezinhança.

Polos muitos danos que supõe ao património natural e cultural da área, a vezinhança opõe-se à actividade mineira, que esteve cheia de irregularidades desde o seu começo há já várias décadas.

Apesar das barbaridades ambientais, patrimoniais, ilegalidades e todo tipo de irregularidades, ninguém de Cementos Cosmos ou das diferentes administrações foram julgados em relação ao longo conflito da sua mina a céu aberto em Triacastela. São os vizinhos que fazem cara a esta empresa os que hão de sentar no banco dos réus. Neste caso Marcos Celeiro, a quem acusam de “provocar altas perdas económicas” à empresa, e por isso lhe pedem 45.000€ para ressarci-las.

A maioria da gente sabe que a demanda contra Marcos Celeiro é uma trapaça, uma tentativa de utilização do sistema judiciário contra a oposição vezinhal, e uma grande farsa.

Cosmos demanda Marcos por:

1. Exprimir opiniões pessoais no seu Facebook.

2. Publicar ligações a notícias sobre eles no Twitter.

3. Subir ao seu canal do Youtube um vídeo onde aparece trabalhando a empresa quando está sem licença e sob ordem de paralisação.

4. Uma suposta «denúncia falsa», em que pedia que se investigassem uns factos, e tanto Guarda Civil como Procuradoria consideraram que havia indícios de delito e levaram o assunto a tribunal

A demanda trata, pois, de desprestigiar a pessoa de Marcos Celeiro como autor de «denúncias falsas», com o intuito de interferir em vários processos judiciais contra Cosmos por diferentes irregularidades cometidas pela empresa, silenciá-lo e conseguir a não admissão do seu testemunho em outros processos contra a empresa.

Os advogados da empresa mineira estão a criar uma demanda da nada. O que procuram é intimidar e desmobilizar a oposição vezinhal no conflito com Cosmos e criar um precedente exemplarizante.

Procuram também causar a Marcos o máximo dano psicológico, para que desarmado animicamente não lute contra eles.

Por esses motivos, solidarizamo-nos com Marcos Celeiro e exigimos a Cementos Cosmos que cancele imediatamente o processo contra dele, e às autoridades que se ocupem em investigar as constantes irregularidades cometidas pela mencionada empresa e actuem com acordo às leis.

Nem nos vão calar, nem nos vão parar.

Não à minaria, Sim à vida.

Nota:

Se queres contribuir para as despesas da defesa jurídica do processo:

Nº de Conta de Marcos Celeiro ES93 2080 0146 7330 0002 4181