PORTO DEPORTIVO DE PUNTA LAGOA

foto1131.jpg

07/11/07

Voces polo Litoral de Teis

BOAS NOVAS:

SENTENCIA FAVORABLE

Desde que se formulou o proxecto de construción do porto deportivo na praia da Lagoa, na Guía, o colectivo Voces polo Litoral de Teis opúxose a súa realización. Entre outros motivos porque as súas construcións en terra eran incompatibles coa ordenación do territorio prevista para esta zona costeira.

Os promotores do tal porto deportivo realizaron sen licenza varias construcións, que agora van ter que derrubar, pois a sentencia da xuíza Mª Dolores López López ao contencioso administrativo, con data 7 de novembro de 2007, acaba de fallar que as naves feitas por Astilleros y Construcciones Lagoa S.A., presidida por Manuel Fernández de Sousa (presidente tamén de Pescanova) son ilegais e teñen que ser demolidas.

Neste contencioso-administrativo estabamos persoados como colectivo, porque se a cidadanía non defende o mar, a terra e o aire, que son de todos e todas, as nosas institucións e políticos non o farán .

Por suposto xa contamos con que van a apelar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero esta resolución xudicial é para nós unha moi boa noticia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s