Presentación de ‘GALIZA NON SE VENDE’

arnsv1.jpg

Vieiros 16/11/2007

‘GALIZA NON SE VENDE’ PRESÉNTASE CON DURAS CRÍTICAS AO BIPARTITO

A rede “Galiza non se vende”, que agrupa a máis de sesenta colectivos ecoloxistas, sociais e veciñais de todo o país presentouse publicamente este venres.
“Desamparados”, “desprotexidos”, “defraudados”. Cun rotundo “quedamos sen espazos de oposición” os colectivos que conforman a rede Galiza non se vende resumiron os dous anos de goberno bipartito, ao que acusaron de defender un “modelo enerxético depredador, en contra dos intereses dos cidadáns”. Galiza non se vende sitúa entre os principais problemas do país o plano acuícola elaborado pola Xunta, a Lei de Minaría, a Lei de Portos Deportivos, o urbanismo salvaxe, a destrución do entorno provocada polos parques eólicos, ou a contaminación xerada polas centrais térmicas. E esixe un modelo de desenvolvemento distinto, así coma un cambio nos modelos de participación, de xeito que a cidadanía gañe en capacidade de decisión.
Ler máis

Galicia Hoxe 16/11/2007

NACE A REDE ‘GALIZA NON SE VENDE’ PARA LOITAR CONTRA A DESFEITA SALVAXE DO PAÍS

Fundada por máis de 60 colectivos, critica o “abandono traidor dos partidos que agora mandan, non gobernan”
Loitar contra a destrución sistemática do país e reivindicar o dereito da cidadanía a decidir sobre o seu territorio. Con este dobre obxectivo nace a Rede Galiza non se Vende, unha plataforma horizontal e independente, integrada por máis de 60 colectivos cidadáns que loitan contra algún tipo de actuación na súa contorna que leva á unha sobreexplotación dos recursos e á destrución do medio e que foi presentada onte en Santiago. Herdeira da Rede Litoral Vivo, nada hai un ano para protestar contra a depredación da costa, Galiza non se Vende amplíase a todos aqueles que sofren algunha agresión en calquera punto da xeografía, deixando fóra a partidos políticos e sindicatos.
Ler máis

GZnación 16/11/2007

O NOVO COLECTIVO “GALIZA NON SE VENDE” FAISE GRANDE PARA DEFENDER O MEDIO AMBIENTE GALEGO A TRAVÉS DA ACCIÓN SOCIAL

Máis de 60 colectivos en defensa do medio ambiente e o desenvolvemento sostíbel agrúpanse baixo un mesmo nome para loitar contra o “terríbel ritmo de destrución do territorio galego”
Un nacemento para a loita contra unha “economía depredadora”, a creación de “sinerxias que permitan mellorar a capacidade de presión sobre os gobernos e empresas” e para aumentar a “sensibilización social e participación activa”. A plataforma “Galiza non se vende” inauguraba esta mañá a súa presenza na vida pública cunha nova nomenclatura baixo a cal se agochan unha morea de colectivos de todo o país.
Ler máis

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s