SÁBADO 15 DE DECEMBRO ÁS 18:00
MANIFESTACIÓN
NA RÚA DO PRÍNCIPE (FRONTE AO MARCO)
CONVOCA REDE A RÍA NON SE VENDE
MANIFESTO
Sete anos de redacción e tramitación do PXOM de Vigo revelan a incultura territorial, a oligarquía planificadora e a falta de ética social e ambiental dos sucesivos Gobernos Municipais, dos grupos de presión económica que integran o Consello Sectorial de Urbanismo e do propio equipo redactor do Plan. A consecuencia é un monstro urbanístico que ameaza o tecido económico, o patrimonio natural, a equidade social, o patrimonio cultural e os sinais de identidade de Vigo, das Rías Baixas e de toda Galicia. A xestión irresponsable da Xunta de Galicia permite que este monstro siga vivo e vaia ser sometido a unha nova aprobación provisional polo Concello en decembro de 2007, coa intención de que a Xunta outorgue a súa aprobación definitiva en xaneiro de 2008. O resultado deste proceso é o seguinte:
Ler máis