I Xornada Labrega no C. S. A Formiga

Hai uns días, Ricardo de OAR, recibiu un correo electrónico de Raquel, responsanbel do Centro Social A Formiga, convidando @s membr@s de OAR a participar o sábado, 16 de febreiro, nunhas labouras labregas, nunhas terras de labradío abandoadas acarón do C. S. A Formiga. Hai que decir que houbo escaso interese ou falta de tempo, que se traduciu en pouca participación pola nosa parte (OAR) na xornada labrega. Pola mañá, só asistiran Raquel e Ricardo.

Accidentalmente apareceu Víctor (OAR), e probou un par de horas a súa detreza no manexo da sacha. Tódol@s participantes puxeron o mellor deles nun intento de posta en valor do recurso natural a día de hoxe abandoado, que esperemos no futuro de os seus froitos, e poidan, se non convidarnos, si polo menos facer unha cuchipanda vexetal entre os labregos.

Temos que decir que non todo foi traballo e sacha. Á hora de xantar, recibiron a visita de Mario e dous amigos do CS a Formiga, que acompañaron e compartiron solidariamente a súa comida c@s nov@s labreg@s. As empanadas de Raquel e o viño caseiro de Ricardo, as conversas e o comer relaxado foron do máis reconfortante, despois dunha dura xornada de rompelo lombo contra a dura terra. Ningunha comida sabe igual nun entorno natural e despois do duro traballo no campo. Creedeme tédelo que probar.

Logo pola tarde, Mario e Raquel continuaron na leira.

A experiencia do sábado, vai a máis e no C.S. plantexanse organizar unhas verdadeiras xornadas abertas a tod@s e lograremos colectivamente aprender algo máis dos procesos de cultivo e producción de alimentos naturais (cas nosas propias máns e, por exemplo, libres de químicos).

Advertisements

One thought on “I Xornada Labrega no C. S. A Formiga

  1. Ola! Moi boa a vosa iniciativa!
    A verdade é que estas temáticas non soen ter demasiada cabida nos movimentos sociais o que sen dúbida contrasta coa realidade do medio que nos rodea, maioritariamente rural e labrego.
    Moito ánimo e que tenhades boa colleita!
    Saúdos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s