Represión Sindical en Urbaser-Redondela

dsc06514.JPG

Os Traballadores do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, adxudicado a empresa privada,Urbaser S.A., querennos informar, de que despois do Preacordo de Convenio, o pasado 8 de novembro do 2007, entre traballadores do Servizo e a empresa Urbaser, que poñía fin a folga no servizo, a empresa Urbaser, impuxo a ós folguistas máis activos, con data de 26 de novembro do pasado ano, sancións consistentes na suspensión de 45 días de emprego e soldo, agás no caso do traballador, Alberto Covelo, ó que se lle impuxo un castigo maior (60 días). Sancións non executadas ata a data, posiblemente en espera da resolución xudicial.

O pasado luns 21 de abril do 2.008, ás 10:20 horas, celebrouse xuizo, ante a Maxistrada Xuez do Xulgado do Social, número 3 de Vigo, Dona Montserrat Delgado Pérez, pola denuncia presentada contra Urbaser, pola totalidade e cada un dos traballadores sancionados, do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, pola súa participación activa na Folga do Servizo acontecida entre o 28 de outubro e o 8 de novembro do 2.007.

No xuizo, Urbaser non desaproveitou, unha vez máis, a ocasión, para confrontar a traballadores do servizo, empregando como testemuños, a traballadores de confianza da empresa, gratificados económicamente, máis aló do que marcan as condicións xerais do convenio, polas súas accións antisindicais e contra os dereitos dos traballadores.

Ata catro traballadores se presentaron no xulgado número tres á testemuñar a favor da empresa, nun xuizo no que o único que estaba en xogo, eran as sancións a 9 traballadores que participaran, entre o 28 de outubro e o 8 de novembro do 2.007, na única ferramenta legal, de loita e resistencia que temos os traballadores contra os abusos da patronal, a FOLGA.

Así os traballadores esquirois, Antonio Viaño Loureiro, Enrique Graviel Varona, e Miguel Trigo Táboas, (Aleixandre Fernández Besada, non chegou a testemuñar) manifestaron no xuizo, ser compañeiros dos sancionados, e non ter ningún, nin no pasado, nin no presente, ningunha situación de enfrontamento cos sancionados.

Sorprenderon as declaracións de Antonio Viaño Loureiro, que é familiar directo (primo) do Delegado Sindical (quen suscribe), e que utilizou o seu parentesco para certificar o suposto estacionamento indevido do vehículo do seu primo, impedira a saida dos servizos mínimos, cousa que de ningunha maneira é certa. Do mesmo xeito acusou ata a outros dous familiares seus e traballadores do servizo, de impedir a saida dos servizos mínimos.

O Xefe do Servizo, o ferrolán, Jaime Martínez Anido, acusou ós traballadores folguistas de ter empregado, para evitar a saida dos Servizos Mínimos, o que, segundo el, “en Redondela se lle chama detonadores de canteira, . . . . . . deses que estoupan baixo a auga”

Os traballadores rotundamente negan, tanto os feitos motivo das sancións, coma as fabulacións da empresa e traballadores esquirois, expostas ante a Xuiz, nas que entenden que a empresa interesadamente pretendeu dar unha imaxe dos seus traballadores, de radicais de extrema esquerda, próximos a movementos de Kaleborroka. Máis de 100, veciños e veciñas de Redondela foron testemuñas da actitude excrupulosamente pacífica e respectuosa, dos traballadores folguistas.

Non entendemos a actitude dos traballadores esquirois, e menos no caso no que este ten parentesco cos folguistas, e testemuñase falsamente, en contra dos compañeiros que loitan polos dereitos colectivos dos traballadores, e a favor da empresa. Supoñemos que o seu comportamente é en pago de favores e priviléxios, coma ascensos de categoría, contratación de familiares, cobro de pseudopluses e outras gratificacións.

Os traballadores entenden que Urbaser pretende facerlles pagar por algo que non fixeron. Entenden e esperan finalmente, sair absoltos destas sancións ou no peor dos casos, hanno tomar co mellor dos humores que poidan. Quedan ó criterio da Sra Maxistrada-Xuiz, Montserrat, ou en caso de recurso, do Tribinal Superior de Xustiza de Galicia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s