III Roteiro polo río Fondón (Chapela)

A Asociación de Veciños de Chapela (Redondela) ca colaboración da Asociación ecoloxista Verdegaia, organiza un roteiro polo regato do Fondón que se celebrará o vindeiro domingo, 6 de xullo, con saía ás 10:30 hs. dende a sede da Asociación de Veciños de Chapela, sita na entrada ó Barrio da Igrexa de Chapela (enriba da oficiña de Correos da localidade).

Seguir lendo

Advertisement

Vigo: charla informativa sobre o Encontro Social Alternativo ao Petróleo

O acto terá lugar o martes, 24 de xuño ás 20:30 no Centro Social A Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3 baixo), e entregarase material informativo e o programa das actividades paralelas ao Congreso Mundial do Petróleo en Madrid.

k.bmp

Achégase o verán e, ademais de traernos sol e “bo tempo”, este ano ameázanos coa ocupación de Madrid por un tenebroso lobby. Así, entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, 4.000 delegados reuniranse en Madrid no marco do Congreso Mundial do Petróleo. Tras este pomposo nome xuntaranse os representantes do, probablemente, lobby máis poderoso do Planeta (o petroleiro).

A industria petroleira reúnese en Madrid mostrando a súa cara máis amable ante a opinión pública mundial. As petroleiras queren impor a mensaxe de que debemos apoiar o seu negocio porque non poderiamos ter unha calidade de vida “digna” sen el. A enorme dependencia destes combustibles crea gravísimos problemas, como o empobrecemento da maioría das poboacións do sur, estrangulándoas con prezos impagables polos alimentos, provoca a guerra en rexións con xacementos, como é o caso de Iraq e todo Oriente Medio que ten máis do 60% das reservas de petróleo coñecidas e o 40% do gas, é a principal causa do cambio climático polas súas emisións de CO2 (o 34% de todos os gases de efecto invernadoiro procede do petróleo e do gas). Ademais provoca a contaminación continuada de mares e costas en todo o planeta polo constante explotación e transporte do cru. Ata o seu procesamento en refinerías arrisca a saúde e seguridade da poboación da contorna, ao que se engaden as mortes causadas polo tráfico.

Por estes motivos, máis de 60 organizacións de diferentes movementos sociais organizan a partir do próximo venres, o Encontro Social Alternativo ao Petróleo (ESAP).

O próximo fin de semana celebraranse en Madrid os actos de protesta contra o Congreso Mundial do Petróleo.

Adxunto enviamos o programa completo do ENCONTRO SOCIAL ALTERNATIVO Ao PETRÓLEO, que terá lugar do 27 ao 29 de xuño en Madrid e ao que convocan máis de 60 organizacións, entre elas tamén Verdegaia.

É urxente saber se somos suficientes persoas para organizar un autobus de Galicia a Madrid que sairía o venres pola noite e estaría de vualta o domingo pola noite.

As persoas interesadas deben chamar ao 619 94 90 53.

Hai unha zona de acampada (aloxamento gratis) onde se poden montar tendas (pero se necesita levar todo o material para acampar).

Se algunha persoa necesitase durmir nunha casa que se poña cos teléfonos 626 682 685 /662 448 924.

Anímase a todos os grupos a desprazarse a Madrid nesas datas ou a realizar accións paralelas nos seus distintos sitios.

Tedes toda a información en: www.nomassangreporpetroleo.org

Caixa dos correios: vigo@verdegaia.org
http://www.verdegaia.org

Urbaser. Animais . . . .

Can MortoCinco colectivos con presencia en Redondela, a asociación “Amigos da Terra”, a “Organización Activista de Redondela”, a asociación “Matar por Matar, NON”, a “Liga Veciñal de Redondela” e a “Asociación de Veciños de Chapela” , esperamos a resposta do Concello de Redondela en relación ca denuncia formulada ante esta administración e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, o pasado xoves, 24 de abril, contra a consesionaria do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, Urbaser S.A., polo posibel incumprimento da normativa sobre a recollida e eliminación de animais mortos (Regulamento Europeo 1774/2002 do 3 de outubro do 2002), ó ser advertivos por distintos veciños que o pasado 25 de marzo testemuñaron como operarios de Urbaser introducian un can morto (en atropelo de tráfico), no interior dun vehículo recolector de lixo, cos restantes residuos sólidos urbáns.

Seguir lendo