Urbaser. Animais . . . .

Can MortoCinco colectivos con presencia en Redondela, a asociación “Amigos da Terra”, a “Organización Activista de Redondela”, a asociación “Matar por Matar, NON”, a “Liga Veciñal de Redondela” e a “Asociación de Veciños de Chapela” , esperamos a resposta do Concello de Redondela en relación ca denuncia formulada ante esta administración e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, o pasado xoves, 24 de abril, contra a consesionaria do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, Urbaser S.A., polo posibel incumprimento da normativa sobre a recollida e eliminación de animais mortos (Regulamento Europeo 1774/2002 do 3 de outubro do 2002), ó ser advertivos por distintos veciños que o pasado 25 de marzo testemuñaron como operarios de Urbaser introducian un can morto (en atropelo de tráfico), no interior dun vehículo recolector de lixo, cos restantes residuos sólidos urbáns.

A denuncia foi presentada tras ter coñecemento do incumprimento habitual da normativa o procedemento de recollida e eliminación dos animais mortos en Redondela (e outros concellos da nosa comarca).

O pasado 21 de maio, recibimos resposta da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, comunicandonos que instara ó Concello de Redondela, para as actuacións que se deriven da denuncia no ambito da súa competencia e tamén se lle solicitara información dos feitos que motivaron a denuncia.

Con respecto ó destino de cadaveres de animais de compañía mortos, en base ó Regulamento Europeo 1774/2002 do 3 de outubro de 2002, os mesmos son clasificados como subproductos animais de catagoría “material 1” e como tales deberán ser destruidos nunha planta de transformación ou nunha planta incineradora autorizada para subproductos “material tipo 1”. O trasporte ata tal instalación deberá ser feita pola propia empresa de destrucción ou por un transportista rexistrado na Consellería de Medio Rural para o transporte de subproductos “material 1”.

O responsable da destrucción adecuada dun cadaver dun animal de compañía e dos gastos derivados é o propio titular, salvo no caso dos animais sen propietario que corre a cargo do propio Concello onde apareza o cadaver.”

Segundo investigamos, o Concello de Vélez, en Málaga, abriu expediente contra Urbaser, en xullo do 2005, por diversas anomalías na prestación do servizo (22), entre as que constan incumprimentos na retirada de animais (www.limpieza.com/noticias_n/noticias.asp?noticias=1970), nembargantes, Urbaser en Santa Cruz de Tenerife, realiza a recollida de animais mortos, gardando os animais nunha bolsa perfectamente pechada, e trasladaos nun furgón lixeiro que porta un contenedor, entregandoos a un xestor autorizado (www.eldia.es/2008-02-16/santacruz/santacruz3.htm).

Os cinco colectivos solicitamos do Concello de Redondela que se tomaran as medidas oportunas para que se garanta que os subproductos animais de categoría “material 1” producidos no termo municipal de Redondela, rematan nunha planta de trasformación ou nunha planta incineradora autorizada, que se comprobe e garanta que a Concesionaria da Recollida do Lixo de Redondela, Urbaser, SA, cumpre estrictamente cos requisitos esixidos legalmente para o transporte e eliminación dos subproductos animais de categoría “material 1” e estivo e está rexistrada na Consellería do Medio Rural como transportista para o transporte de subproductos “material 1”, se proceda a apertura dun expediente sancionador contra a empresa Urbaser polos feitos acontecidos o martes 25 de marzo, e se informe a quen suscribe de todas estas medidas e doutras que puidera tomar esta Consellería ao respecto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s