Vigo: charla informativa sobre o Encontro Social Alternativo ao Petróleo

O acto terá lugar o martes, 24 de xuño ás 20:30 no Centro Social A Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3 baixo), e entregarase material informativo e o programa das actividades paralelas ao Congreso Mundial do Petróleo en Madrid.

k.bmp

Achégase o verán e, ademais de traernos sol e “bo tempo”, este ano ameázanos coa ocupación de Madrid por un tenebroso lobby. Así, entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, 4.000 delegados reuniranse en Madrid no marco do Congreso Mundial do Petróleo. Tras este pomposo nome xuntaranse os representantes do, probablemente, lobby máis poderoso do Planeta (o petroleiro).

A industria petroleira reúnese en Madrid mostrando a súa cara máis amable ante a opinión pública mundial. As petroleiras queren impor a mensaxe de que debemos apoiar o seu negocio porque non poderiamos ter unha calidade de vida “digna” sen el. A enorme dependencia destes combustibles crea gravísimos problemas, como o empobrecemento da maioría das poboacións do sur, estrangulándoas con prezos impagables polos alimentos, provoca a guerra en rexións con xacementos, como é o caso de Iraq e todo Oriente Medio que ten máis do 60% das reservas de petróleo coñecidas e o 40% do gas, é a principal causa do cambio climático polas súas emisións de CO2 (o 34% de todos os gases de efecto invernadoiro procede do petróleo e do gas). Ademais provoca a contaminación continuada de mares e costas en todo o planeta polo constante explotación e transporte do cru. Ata o seu procesamento en refinerías arrisca a saúde e seguridade da poboación da contorna, ao que se engaden as mortes causadas polo tráfico.

Por estes motivos, máis de 60 organizacións de diferentes movementos sociais organizan a partir do próximo venres, o Encontro Social Alternativo ao Petróleo (ESAP).

O próximo fin de semana celebraranse en Madrid os actos de protesta contra o Congreso Mundial do Petróleo.

Adxunto enviamos o programa completo do ENCONTRO SOCIAL ALTERNATIVO Ao PETRÓLEO, que terá lugar do 27 ao 29 de xuño en Madrid e ao que convocan máis de 60 organizacións, entre elas tamén Verdegaia.

É urxente saber se somos suficientes persoas para organizar un autobus de Galicia a Madrid que sairía o venres pola noite e estaría de vualta o domingo pola noite.

As persoas interesadas deben chamar ao 619 94 90 53.

Hai unha zona de acampada (aloxamento gratis) onde se poden montar tendas (pero se necesita levar todo o material para acampar).

Se algunha persoa necesitase durmir nunha casa que se poña cos teléfonos 626 682 685 /662 448 924.

Anímase a todos os grupos a desprazarse a Madrid nesas datas ou a realizar accións paralelas nos seus distintos sitios.

Tedes toda a información en: www.nomassangreporpetroleo.org

Caixa dos correios: vigo@verdegaia.org
http://www.verdegaia.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s