O porto vigués proxecta verter xunto a Sálvora 150.000 toneladas de lodo contaminado

verquido4.jpg

O Parque Nacional das Illas Atlánticas, entre as illas de Ons e Sálvora, é o lugar escollido pola Autoridade Portuaria de Vigo para verter 148.000 toneladas de lodos contaminados procedentes da zona do Berbés, que se dragará para gañar calado.

As dársenas pesqueiras do Berbés son o lugar onde se vertían, ata hai dez anos, cando se estreou a inoperante depuradora do Lagares, todas as augas residuais da cidade e o sitio onde seguen desaugando hoxe todas as empresas instaladas no porto, que aínda, en 2008, carece de conexión coa rede de saneamento. Metais pesados, clorobifenilos, e hidrocarburos completan a mestura contaminante da zona, como revelan diversos estudos sobre a contaminación da ría, que coinciden en considerar este punto como o máis contaminado.

O porto, en cambio, cualificou o material de dragado como Categoría II, de acordo coa clasificación realizada polo Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), o que permite vertelo ao mar sen tratamento previo ningún.

Non é a primeira vez que a área entre Sálvora e Ons se utiliza como estercoleiro. A Autoridade Portuaria de Vilagarcía (da que foi presidente ata 2007 Xesús Paz, quen actualmente desempeña o mesmo cargo na de Vigo) depositou xa nese mesmo lugar 1,8 millóns de toneladas de lodos. E precisamente ese é o “argumento” utilizado pola institución portuaria viguesa para xustificar a elección: “Esta mesma zona utilizouse en anteriores ocasións para a realización de verteduras de materiais procedentes de dragados, polo que a afección á sedimentación e fauna mariña será moderada”. (?) Trátase ademais, din eles, dunha zona da ría “bastante externa”, polo que descartan a afección a zonas de baño e bancos marisqueiros.

Non é da mesma opinión Antonio Figueras, do Instituto de Investigacións Mariñas, pertencente ao Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC): “Botalos xunto a Sálvora é unha barbaridade; se é area limpa, que a depositen en Samil… Só a operación de dragado espallará a contaminación pola ría. Ademais, a súa vertedura provoca unha acción de dispersión polas correntes mariñas; non é un colector hermético que se deposita no fondo, senón un vertido directo que se dispersa nunha columna de auga en función das correntes”, explica o científico.

A pesar de que as verteduras preténdense realizar na plataforma submarina que une dúas das illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas recentemente transferido á Xunta, a Consellería de Medio Ambiente, responsable do mesmo, mantense á marxe. Segundo publica o diario El País, o departamento que dirixe Manuel Vázquez elude calquera comentario sobre o tema e remite a quen pregunta á Dirección Xeral de Costas e a Portos do Estado, organismo do Ministerio de Fomento do que depende a Autoridade Portuaria de Vigo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s