O pasado mércores día 27, no marco do pleno municipal mensual, produciuse unha situación sen precedentes na vila de Redondela. Coa escusa de buscar un transcurso supostamente ordenado de ese pleno, o goberno municipal tentou limitar e intimidar a presencia veciñal no salón de plenos. Por unha parte, colocáronse varias filas de sillas con intención de limitar o aforo; por outra, a policía local esixiulle identificación a todas as personas que intentaron cubrir ese aforo. Ademáis, un fortísimo despliegue policial no exterior pretendeu ser unha exhibición de forza por parte do alcalde; unha ducia de axentes antidisturbios, varios policías nacionais e media ducia de policías locais foron a dotación mobilizada, que en momentos resultou máis numerosa que os veciños concetrados en fronte do concello. Cabe aquí comentar que este dispositivo é notablemente superior ó desplegado en eventos como o Entroido de Verán e as feiras, circunstancias moito máis delicadas dende o punto de vista da seguridade cidadá.
A nosa resposta a esta provocación do alcalde de Redondela empeza por lembrarlle públicamente que, ó remate dun pleno semellante, celebrado hai uns meses, convidounos a acudir ós plenos aínda que non servise de nada; o que naquel momento pareceu cortesía revélase agora como cinismo.
Unha vez máis, Xaime Rei demostra confundir democracia con despotismo e, con actitude propia de unha época pasada, nega a participación cidadá na política local, recurrindo neste caso á intimidación policial e o uso prepotente da suposta autoridade que lle outorga o seu cargo. Sen querermos recurrir á palabra “dimisión”, pensamos que o señor Rei debería empezar a considerar a posibilidade de cederlle o seu posto a unha persona disposta a practicar unha política máis propia dos tempos da democracia, xa que él da síntomas manifestos de crerse o dictador plenipotenciario de Redondela, e non parece estar disposto a escoitar a postura de cidadanía en cuestións como o rexeitamento á autovía de conexión da A-57 co nudo de Peinador.
Dende a Plataforma, queremos facer un chamamento ós partidos que forman parte do grupo de goberno, BNG e PSOE, para se desmarcaren dos delirios déspotas e dictatoriales do señor Rei, para evitaren que a opinión pública os asocie con esa actitude antidemocrática. En particular, o partido socialista debería poñerlle fin a esta actitude, deixándolle protagonismo a personas menos inclinadas á chulería e a prepotencia, se é que as teñen.