O tren, nas Corversas de Alén Nós

cartel_tren_copiacolor-2.JPG

A Asociación Cultural Alén Nós, de Redondela, dentro do ciclo habitual de charlas, debates, etc, organizan as próximas Conversas de Alén Nós, que co título Transporte por ferrocarril e alta velocidade, tratarán aclararnos a situación actual en Galiza, destes medios de transporte, e cal pode ser o futuro de ámbolos dous medios. Logo da conferencia establecerase, como é costume nas Conversas de Alén Nós,  un turno no que o público asistente podera plantexar as opinións, exposicións, preguntas, propostas, etc. que razonada, civica, respetuosa e ordenadamente considere.

Os conferenciantes invitados serán, Fernando Gómez Camarero, Coordinador Xeral da Plataforma Galega SALVA-LO TREN, e Rafael Camacho, representante da Sección Sindical da CXT do Ferrocarril de Pontevedra (integrante, tamén na Plataforma SALVA-LO TREN). Esperamos a vosa asistencia e participación activa, este venres, 17 de outubro, ás 20:00 hs. no Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira, s/n) de Redondela.
 
Agradeceríase, que se sodes da Área de Vigo, imprimades o cartaz e o difundades, no voso barrio, ou nos medios (asembleas, xuntanzas, blogs, webs, xornais, radio, etc) das asociacións ou coletctivos nos que actuedes ou dos que participedes.

Advertisements

One thought on “O tren, nas Corversas de Alén Nós

  1. Bos días, son o administrador de S.O.S. Pontedeume ¡Denuncia!, un blogue que encárgase de publicitá-las desfeitas e cousas mellorables na vida dos eumeses.
    Unha das cousas que nos preocupa é que o fondo das nosa ría estase a converter nun vertedoiro de todo tipo de lixo, baterías, rodas, bicicletas, motocicletas, etc…, polo que decidín dar un paso mais e tentar publicitar o noso problema pra ver si coa vosa axuda logramos amañar este problema xa que desde o concello non se toman cartas no asunto.
    Esperando a vosa resposta e creendo que o asunto despertará o voso interese, recibide unha aperta.
    Deixovos o link do artigo que puxen no blogue pra que lle botedes unha ollada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s