Repressom contra a Ria Non se VendeQuem discrepa: paga

Defín Fernandez Álvarez (Subdelegado do governo em Pontevedra)Estes dias escomeçam a chegar as multas polo feche nas dependências da Xunta de Galiza em Vigo o dia 13 de Novembro, no aniversário da catástrofe do Prestige. Este acto totalmente pacífico foi reprimido pola polícia, sacando à gente que participou em el a empurrons e sem sequer permitir-lhes entregar o manifesto no registro. Pois bem, agora chegam multas às pessoas que participarom no acto, por: “Provocar reacçons no público que podam alterar a seguridade cidadam e desobedecer os mandatos dos agentes da autoridade na Plaça da Estrela…” multas por valor de 650 euros cada umha que entre todas somam varios miles de euros. Nom é a primeira vez que passa, já na toma simbólica da ilha de Toralha chgegarom varias multas e, hoje mesmo, um membro da Ria tivo um juiço por participar num acto pacífico contra a regata dos formula 1 do mar onde foi acusado de “Insultar, ameazar, amedrentar a dous polícias que tiverom que abandonar a zona e de impedir o passo às autoridades e participantes no acto”, acusaçons totalmente falsas.

Parece ser que o PSOE quere implantar o pensamento único na Galiza e nom vam permitir ningumha discrepancia com a sua nefasta política. Esta represom tem nome e apelidos de quem assina as multas que é o Sr. Delfin Fernandez Alvarez Subdelegado do Governo em Pontevedra

Advertisements

One thought on “Repressom contra a Ria Non se VendeQuem discrepa: paga

  1. Moi ben feito expoñer estes casos de represión, acoso e vulneración dereitos fundamentais. Moitos cidadáns descoñecen, non aprecian, ni son conscientes da realidade do sistema “democrático” español. Unha maioría conformista, consolase con que con Franco había menos libertades, e a outra maioría, bota de menos o franquismo (con Franco se vivía mellor). Eu que non vivín o franquismo, cada vez doume máis conta que na Transición, venderonnos, e conformaronse con ben pouco cas gañas de libertade acumuladas que existían no pobo, nese momento histórico. Que ten que suceder para que no futuro, academos unha democrácia real, donde contemos tod@s e cada un/ha de nós, e poidamos contalo sen ser tratados coma delincuentes, polo simple feito de “non seguir a corrente”.?
    Unha aperta @s sancionad@s.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s