MANIFESTACIÓN CONTRA OS RECHEOS. Vernes 12 ás 19:30 en Redondela

octabilla-manifestacion-2.jpeg

O PORTO DE VIGO DEVORA A RÍA

O Porto de Vigo presidido por Jesús Paz Arias, conta no Consello de Administración entre outros, con:
Angel Rivas directivo de Hormigones Vigo
A. Paz Andrade directivo de PESCANOVA
J.F. Gayoso directivo de CAIXANOVA
Pierre Ianni director de PSA-CITROEN
J.M.Fdez. Alvariño concesionario de automoveis, e preside a Confederación de Empresarios de Pontevedra
Bonifacio Logares consignatario
Abel Caballero alcalde de Vigo
Xaime M. Rei alcalde de Redondela

NON HAI NESTE CONSELLO NINGUN REPRESENTANTE DOS MARIÑEIROS NIN AS MARISCADORAS, QUE SON O SECTOR MAIORITARIO QUE TRABALLA NA RÍA DE VIGO.

Este Consello de Administración é responsable de poñer en marcha o chamado PLAN PETTRA de recheos, comezando por RANDE onde se están formigonando 50.000 m2 de litoral.

O Plan PETTRA ten entre outros os seguintes obxectivos de expansión:

  Recheo m2 Formigonado m2 Peirao m
BOUZAS: 83.024 83.000 1.700
ESTACION MARITIMA: 25.000 25.000 600
AREAL-GUIXAR: 79.600 80.000 900
RANDE 24.000 83.000 1.100
PUNTA CHAPELISA 27.000 16.000 1.200
TOTAL……… 238.624 m2 287.000 m2 5.500 m

Esta expansión é negocio para uns poucos e será a ruína da maioría social dos cidadáns que viven directa ou indirectamente da actividade produtiva do marisqueo, da pesca, da acuicultura e das bateas.Para os que moramos no litoral será imposible compatibilizar a residencia coa actividade industrial e portuaria. O porto terá devorada a Ría que o acubilla.PODEMOLO PARAR ENTRE TODOS PARTICIPANDO NA MANIFESTACIÓN AUTORIZADA CONTRA OS RECHEOS NA RÍA, QUE TERA LUGAR O DÍA 12 DE DECEMBRO AS 7 E MEDIA DA TARDE DENDE O CAMPO DA FEIRA EN REDONDELA. PLATAFORMA EN DEFENSA DA ENSENADA DE SAN SIMON

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s