VIGO ÍNTEGRA NON, CARRÍS BICI SI

VIGO ÍNTEGRA NON:

far.jpgA asemblea semanal de colectivos da Rede A Ría Non Se Vende valorou moi positivamente a resposta cidadá á manifestación do pasado domingo día 30 en Vigo que, baixo o lema
“O asfalto non é progreso: Pola retirada do Plan Vigo Íntegra”,
congregou a máis de 1.000 persoas a pesar do frío e da chuvia persistente.

CARRÍS BICI SI:

Ante o publicado nalgún medio de comunicación, A Ría Non Se Vende quere deixar ben clara a súa postura totalmente favorable aos carrís bici, posicionamento que xa quedou explicitamente expresado no documento de convocatoria da manifestación, onde figura nun lugar destacado entre as alternativas que propoñemos ao Plan Vigo Íntegra.

voz2.jpg

O Plan proxecta unha única actuación deste tipo, entre Vigo e A Ramallosa. Nós promovemos a creación dunha rede de carrís bici que conecte toda a cidade de Vigo e que a enlace coas parroquias, vilas e comarcas da contorna, garantindo así a seguridade necesaria e facilitando o uso da bicicleta como medio de transporte. Polo tanto sobra dicir que estamos a favor dese carril bici, sumado a moitos máis, que conformen unha alternativa ao transporte motorizado privado. Algo factible e desexable que xa existe nun alto porcentaxe de cidades europeas e nalgunhas cidades do estado español. Aquí o único que falta é vontade política para implementala.

Se a isto se sumase unha boa rede de transporte público, urbano e interurbano, estariamos máis cerca do modelo de mobilidade e transporte que nós propomos, radicalmente diferente ao recollido no plano, absolutamente insustentábel e obsoleto.

O Plan Vigo Íntegra pretende construír 243,8 quilómetros de novas autovías e 82,4 quilómetros de estradas, sendo ese pequeno carril bici, de 15 km de longo, a única actuación que non vai exclusivamente dirixida a fomentar o uso do automóbil. Darlle tanta relevancia e protagonismo a ese carril é, como mínimo, pouco rigoroso dada a súa insignificancia dentro da magnitude do Plan.

A RÍA NON SE VENDE

A Manifestación na prensa: La Voz de Galicia,Faro de Vigo, El País,
Atlántico Diario, Galicia Hoxe, Vieiros, Xornal.com

Ler comunicado final manifestación

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s