Galiza Non Se Vende sae á rua cunha caravana de concertos reivindicativos en 8 cidades e vilas galegas. O primeiro será o día 3 de xaneiro en Vigo, na Fabrica de Chocolate (Roxelio Abalde, 22) ás 21:00.
O goberno “bipartido” da Xunta, lonxe de marcar distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de este sistema económico que socializa as perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias.
A barbarie:
Destrucción da paisaxe, do patrimonio cultural e da biodiversidade, urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón, recheos e contaminación das rias, monocultivos de especies exóticas e invasoras, empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos…
Fronte a isto desde a rede Galiza Non Se Vende esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva… Que supere o actual sistema destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!
Feliz 2009 para a ría non se vende e aupa co concerto!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Feliz 2009 para a ría non se vende e aupa co concerto!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!