Xulgado nº 6 de Vigo: Xuízo pola “invasión pirata” de Toralla

piratas-en-toralla.jpgNOTA DE PRENSA DE
A RÍA NON SE VENDE

No xulgado nº 6 de Vigo tivo lugar o pasado día 30, un xuízo de faltas contra dez persoas polos “feitos” de Toralla.
Estes “feitos” refírense a unha concentración lúdica e pacífica na praia da Illa de Toralla, que foi “invadida” aquela tarde por músicos, “piratas” e navegantes aventureiros que só reivindicaban o dereito cidadán (estipulado pola lexislación vixente) de acceso ao litoral. Algo que nesa illa, símbolo da especulación, non se compre.

A fiscal pediu para cada unha das persoas acusadas unha multa de 350 euros por considerar probado que proferiron insultos contra os policías actuantes. Tamén solicitou a libre absolución dun policía nacional acusado de agredir a un dos manifestantes. Algúns destes presentaron como proba varios partes médicos das lesións que sufriron aquela tarde.

Este xuízo, que responde a unha denuncia da Policía Nacional, é para A RÍA NON SE VENDE un paso máis no camiño de criminalización e acoso que se ven producindo cara esta rede de colectivos desde a Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

No último ano e por accións similares, sempre pacíficas, ascenderon a 9.250 euros as multas impostas por esa Subdelegación do Goberno a estes colectivos que só defenden (desde a legalidade urbanística e medioambiental vixente) a conservación e coidado do noso patrimonio cultural e natural.

Algo que non sucede igual no resto de Galicia.

No mes de novembro pasado, no aniversario do afundimento do Prestige, a rede GALIZA NON SE VENDE organizou “peches” simbólicos en edificios públicos de sete cidades de Galicia. En Vigo (edificio da Xunta) as 12 persoas participantes foron inmediatamente desaloxadas pola forza e posteriormente identificadas e multadas cun total de 5.150 euros. Nos outros seis lugares (incluída a Consellería de Medio Ambiente en Compostela) todo transcorreu aquela mañá sen incidentes.

A RÍA NON SE VENDE
GALIZA NON SE VENDE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s