COMUNICADO DA REDE “A RÍA NON SE VENDE” SOBRE O PLANO DE USOS DO PORTO DE VIGO

Macro-recheio de BouçasÁ vista do publicado en distintos medios de comunicación respecto ao Plano de Usos do Porto, a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” ven manifestar o seguinte:

PRIMEIRO:

A presentación deste Plano de Usos non é mais que unha campaña mediática que resposta a intereses políticos e económicos e pretende xustificar a pobre e continuísta xestión de Suso Paz ao frente da Autoridade Portuaria. Xestión da que cómpre salientar a actuación ilegal na zona da antiga Duchess, en Rande, explanando e cementando terreos integrados dentro do LIC da Rede Natura da Enseada de San Simón.

Este documento non se presentou a exposición pública, polo que ninguén coñece o seu contido. Simplemente sabemos o que a Autoridade Portuaria transmitiu aos medios de comunicación.

Polo que trascendeu parece claro que, unha vez máis, séguese sen abordar a necesaria reestructuración dos espazos portuarios e continúase no camiño de gañar espazos ao mar mediante recheos, sepultando a Ría.

Ningunha ampliación portuaria está xustificada, porque no porto hai espazo de abondo, mais mal empregado. Estase empregando o espazo portuario como un polígono industrial de empresas alleas á actividade portuaria, e como un almacén de vehiculos que só terian que estar no porto no momento do embarque.

A día de hoxe a totalidade dos terreos adscritos e baixo xestión da Autoridade Portuaria de Vigo seguen na máis estrita ilegalidade, ao non existir dito Plano de Usos, como vén sucedendo nos últimos 17 anos, desde a entrada en vigor da Lei 27/1992, de 24 de novembro, de Portos do Estado e da Mariña Mercante.

SEGUNDO:

O Plano de Utilización dos Espazos Portuarios da Zona de Servizo do Porto de Vigo, e o Plano Director da Autoridade Portuaria de Vigo deben ser sometidos indefectibelmente a exposición pública para a súa aprobación.

Ademais desde o Porto de Vigo prometeron, en distintas ocasións, respostar ás alegacións xa feitas ao anterior borrador de Plano de Usos, e a día de hoxe aínda estamos á espera.

TERCEIRO:

No referente ao Plano Especial co que intentan xustificar os proxectos de ampliación do recheo e a construción dos silos en Bouzas mantemos que, segundo o disposto na Lei 48/2003, de 26 de novembro, o Plano Especial carece de valor mentres non estexa debidamente tramitado e aprobado o Plano de Usos do Porto, tendo en conta o disposto no artigo 96 da devandita lei:

7. Con carácter previo á formulación pola Autoridade Portuaria do plan especial ou instrumento equivalente que ordene a súa zona de servizo deberá atoparse aprobado o plan de utilización dos espazos portuarios do porto.”

Ademais, sentencias do Tribunal Supremo (20/02/84, 23/05/85, 28/02/86, 19/06/87, 05/02/88, 04/04/90, etc.) e do Tribunal Constitucional (03/07/84 e 149/1991) impiden que un Plano Especial do Porto, aprobado por un concello, poida autorizar intervención algunha sobre a lámina de auga do litoral, pois están fóra da súa competencia urbanística ao carecer da consideración de termo municipal.

Os colectivos integrados na rede A Ría Non Se Vende opoñémonos e rexeitamos frontalmente calquera ampliación do porto con recheos pilotados ou non. Calquera mínimo recheo, por pequeno que sexa, é unha nova agresión á ría no seu conxunto.

Polo exposto:

De seguir adiante cos proxectos anunciados polo Porto de Vigo con grande rebumbio nos medios de comunicación, a rede “A Ría Non Se Vende” interpoñerá un contencioso administrativo polas ilegalidades que se están a cometer.


A Ría Non Se Vende

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s