Comunicado de A RÍA NON SE VENDE sobre a Cidade do Mar na ETEA

O día 30 de abril, rematou o prazo para a entrega de alegacións ao Plan sectorial da Cidade do Mar. Este Plan pretende que este complexo científico-tecnolóxigo se converta nunha referencia europea dentro do ámbito da investigación mariña.

Bonitas palabras baleiras, porque o mesmo Plan inclúe a construción doutro porto deportivo no litoral de Teis e polo tanto a destrución do ecosistema da histórica praia de Ríos e do seu banco de ameixa fina, xuntamente coa ocupación de 155.550 m2 de lámina de auga, máis superficie que a terrestre que é de 115.050 m2.

Esta actuación suporía o dragado da praia convertendo o litoral nun gran aparcamento de barcos de recreo.

Resulta inadmisible que en primeira liña do litoral, e para uso do porto deportivo, se permitan edificacións de baixo e tres alturas, e que se constrúa un vial de uso restrinxido para o acceso aos peiraos e á zona náutico-recreativa.

O estudo do documento revélanos o que xa era coñecido: o deslinde da ETEA está mal feito, porque non incorpora como Dominio Público Marítimo-Terrestre, todos os recheos, os edificios sobre eles construídos e os cantís, tal como se regula no artigo 4 da Lei de Costas.

Dende A Ría Non Se Vende esiximos que o proxecto da Cidade do Mar, respecte o mar e deseñe o litoral da ETEA como a continuación da praia da Punta, polo que o seu tratamento debe recoller as actividades propias das praias: bañarse, estar, pasear, navegar, pescar, mariscar, tomar o sol etc., tal como estipula o artigo 31 da Lei de Costas.

É incomprensible que a construción da Cidade do Mar destrúa o mar, que o privatice e nos roube o litoral que é de todos e todas, para o disfrute de só uns poucos.

A RÍA NON SE VENDE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s