O 31 de Maio tod@s a Vigo, o 5 de Xuño tod@s a Ferrol

Mobilizandecións de aliza Non Se Vende en Ferrol e Vigo

Desde Galiza Non Se Vende queremos denunciar os contínuos maltratos e agresións que soporta o noso litoral, fruto da especulación salvaxe e deste modelo depredador de crecemento economico, que equipara medre e benestar social.

Por desgraza, todos os gobernos que pasan pola Xunta seguen unha política “desarrollista” de explotación dos nosos recursos naturais para reducilos a mera condición mercantil. Os costes deste desenvolvemento económico son a destrucción da natureza.

A privatización e venta da nosa costa, das nosas rías, do noso vento, dos nosos montes, dos nosos rios, do Courel, supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en beneficio de só duns poucos. Privatizando beneficios e socializando as perdas.

Deste modelo cego e xordo non se libra o litoral onde se construen recheos dentro das rías que estragan a súa grande riqueza; onde se instalan polígonos industrias sobre o terreo gañado ao mar ou en primeira liña de costa realizando desmontes; onde se instalan as industrias mais perigosas como Reganosa ou máis contaminantes como Ence; onde empresas e industrias de todo tipo verten os seus refugallos directamente ao mar xunto coas aguas residuais urbanas, as veces pasando por depuradoras deficitarias ou que non funcionan contaminando as rías e facendoas incompatíbeis coa pesca e o marisqueo; onde se promoven piscifactorias nos lugares mellor conservados da nosa costa artificializandoos com formigón e contaminando o mar com antibióticos para proveito de empresas transnacionais; onde se privatiza o mar e a costa com portos deportivos a esgalla que soen levar aparellados proxectos urbanisticos especulativos; onde se produce a máis salvaxe especulación urbanistica; onde se construen a meirande parte das irracionais infraestructuras de transporte; onde se destrue a identidade dos pobos e vilas mariñeiras erradicando o noso patrimonio marítimo; onde máis se turistifica a nosa cultura e o noso território; onde se crean máis campos de golf arrasando com grandes superficies de monte e contaminando com herbicidas; onde menos se respetan os espazos protexidos….

Non é necesaria, nen imprescindible a destrucción do noso fogar común para acadar medios de vida, nin debemos basar o benestar na explotación das persoas nen a terra que habitamos, porque si asi fora estaríamos correndo o camiño do suicidio colectivo.

Todas e todos xuntos temos que porlle freo a esta locomotora desvocada, deste falso progreso, que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures. Esta “valorización” do territorio ten que distinguir xa os bens de uso, os modos de vida, do expolio e despoxo da nosa terra. Tratase en suma dunha nova mentalidade que trate o medio non como un negocio, do que se pode quitar beneficio, senon coma a nosa terra común da que todas e todos formamos parte. Vainos nelo a preservación da civilización que queremos legar ás persoas que veñan detrás de nós, non podemos tolerar máis o intolerabel.

Por isto convocamos A unha grande manifestación nacional en Vigo o 31 de maio ás 12:00 que sairá desde a praza do concello e rematará na Praza da Estrela.

E a un grande roteiro contra Reganosa polas ruas de Ferrol o vernes 5 de Xuño ás 20:00 desde o edificio da Xunta de Galiza.

ESTE MODELO TEN ALTERNATIVA

DEFENDAMOS O LITORAL

GOBERNE QUEN GOBERNE

GALIZA NON SE VENDE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s