comunicado de luita verde sobre as agresions da garda civil en massó

Detencións salvaxes en MassóO Grupo Ecoloxista Luita Verde denuncia os abusos e a violencia con que se ensañou a Garda Civil o pasado luns 20 de xullo pola mañá nas persoas concentradas contra a construcción ilegal do porto deportivo de Massó en Cangas.

Entre das 16 persoas detidas estiveron dous membros de Luita Verde, Cándido Martínez e Ricardo Sanchez, que facendo en conxunto unha acción de asentada pacífica contra dunhas obras ilegais e perxudiciais contra do medio natural e a ría puideron obervar in situ as malas maneiras e as agresións por parte dos antidisturbios nas cargas, que causaron lesións a varias das persoas concentradas entre eles Ricardo Sánchez, que resultou pisoteado e agredido de porra nunha das súas pernas concretamente no tornocelo onde en vez de oso ten placas de metal con parafusos, sendo extremadamente dolorosos os golpes recibidos, tendo que ser ingrasado no hospital POVISA de Vigo para o seu tratamento.Tamén denunciamos que a parte das agresións físicas recibidas polos antidisturbios estivo a actitude agresiva e vexatoria por parte de varios membros adscritos ao Cuartel da Garda Civil de Cangas, nunha actitude de permanente de provocación e agresións verbais.

Por outra parte consideramos de denigrante e nauseabundo o estado das instalacións do cuartel de Cangas, onde dentro de unha maniobra de coartada dos dereitos individuais máis fundamentais a varias das persoas detidas se nos chegou a pechar dentro dos calabozos e puidemos obervar a máis absoluta falla de salubridade e limpeza, con restos de sangue polas paredes, colchonetas suxas, solo sen limpar e as letrinas outro tanto do mesmo e cun fedor insoportable.Con isto tampouco queremos xustificar a existencia destas instalacións e deste Corpo policial e militar no lugar senón tódolo contrario, xa que as mesmas están ubicadas enriba do dominio público marítimo-terrestre e do que era areeiro pertencente á praia de Rodeira, sendo un atentado e unha ilegalidade contra o propio medio natural e polo tanto debería desaparecer e repoñerse o lugar ó seu estado anterior.

Ademáis estamos en contra da presenza dese Corpo , que unha vez máis veu a demostrar que en vez de solucionar os problemas o que fai é agravalos, utilizando a represión como único método e con absoluta prepotencia, para despóis dar a versión contraria dos feitos ou sexa que os agresores pasen a ser agredidos e viceversa, perseguindo e criminalizando a quen defende a legalidade e por outra estén defendendo ós auténticos delincuentes e terroristas ambientais como son as empresas Puentes e Infraestruturas e EXCONGAL pois salientamos que as obras do porto deportivo se están a realizar sin licenza de obra municipal e sin existir o preceptivo Plan de Utilización dos Espazos Portuarios (PUEP) do Porto de Vigo en todas as súas competencias na ría nin o correspondente Plan Especial (PE) do Porto de Vigo no Concello de Cangas.

Para colmo de males o único aproveitable dese Corpo, o SEPRONA (Servicio de Protección da Natureza) a parte de ter escasos medios humanos e materiais o teñen en proceso de desmantelamento e no caso do porto deportivo de Massó en vez de estar denunciando a ilegalidade das obras e os seus responsables o utilizan ás veces de reforzo para protexelas.

As agresións sufridas por parte da Garda Civil e os responsables policiais das mesmas van ser denunciados diante dos xulgados.

Nembargantes temos que reseñar aque máis responsable dos feitos ca Garda Civil é o alto cargo político e institucional que os ordeou actuar, neste caso o subdelegado do goberno na provincia de Pontevedra, Delfín Fernández (PSOE) do cal e despóis da carga represiva acaída o pasado luns máis todas as identificacións, sancións e detencións unidas ás propias provocacións da Benemérita que están a suceder de contínuo desde o reinicio das obras do porto deportivo, só nos queda solicitar a súa inmediata dimisión e tamén que se ordee retirar a protección policial das obras ilegais.

Tamén responsabilizamos como cómplice á alcaldesa do Concello de Cangas, Clara Millán (BNG), por ser a que pactou a operación represiva nunha visita do subdelegado ó Concello días antes da entrada das forzas represoras, feitos polo que unido á súa negativa a paralizar as obras totalmente en base a que non hai licenza de obra municipal e que nin se someteu á autoridade urbanística local un PE inexistente no concello que de por lei ten que tramitar a APV para autorizar as obras en Massó, co cal nos houberamos librado @s veciñ@s dende hai máis de dous meses dos lamentables e desgraciados feitos acaídos, tamén solicitamos a súa inmediata dimisión e que se asine dende a alcaldía a paralización definitiva e total das obras do porto deportivo en base ás competencias arriba citadas, sendo a súa obriga como autoridade local, é moi significativo a actitude da alcaldesa non condenando as agresións da garda civil e demostrativo da defensa do porto deportivo e o servilismo para con Caixanova.

Tamén solicitamos a dimisión da actual presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo (APV), Corina Porro (PP), porque ao igual que os seus antecesores no cargo e a sabendas de que a APV non ten un PUEP aprobado para todas as súas competencias na ría nin un PE para o Concello de Cangas, sigue avalando unha autorización ilegal do ano 2004 e baixo prórrogas. E por outra parte tamén porque ao non haber un PUEP se está incumprindo normativa europea e estatal ao non haber unha avaliación ambiental estratéxica de tódolos proxectos que en conxunto se promovan dentro das competencias da APV na ría, incluído o do porto deportivo de Massó.

Luita Verde está e estará en contra da construción do porto deportivo de Massó no Salgueirón en Cangas, por supor a parte dunha ilegalidade un grave e irreversible impacto ambiental para unha zona de gran valor paisaxístico, patrimonial, ecolóxico e produtivo dentro da xa de por si maltreita ría de Vigo. E non esquece que é a punta de lanza doutro proxecto especulativo meirande nas proximidades en terra que a promotora inmobiliaria Residencial Marina Atlántica, coa presenza de Caixanova a súa cabeza como máxima accionista, pretende proxectar en Cangas no seu novo PXOM en forma de recalificación urbanística de máis de 200.000 m2 para construción dunha elitista macrourbanización residencial e hoteleira con grande área comercial, que de levarse a cabo destrozaría a auténtica zona verde e patrimonial a protexer e recuperar para o pobo que lle queda a Cangas no seu tamén maltreito centro urbano do municipio.

Denuncia que existe unha conxura política (BNG,PSOE e PP) en complicidade cos intereses privados do gran capital (Residencial Marina Atlántica, Puentes e Calzadas) e Caixanova, que non escatiman utilizar a forza represora policial (Garda Civil) como nos máis escuros tempos do anterior réxime do Franquismo e a inherencia xudicial (criminalización d@s encausad@s contra das obras ilegais e negación á paralización cautelar das obras solicitada pola Confraría de Pescadores de Cangas namentres non se resolvese o seu recurso contencioso das obras de hai tres anos) para consumar un auténtico pelotazo urbanístico en primeira liña de costa.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s