Luns 20, 16 detid@s en Massó por defender a Ría

Detencións en Massó, CangasO luns 20 de Xullo á mañá efectivos da Garda Civil detiveron a 16 activistas pertencentes á rede Galiza Non Se Vende cando se atopaban nas inmediacións das obras do porto deportivo que se están a desenvolver na antiga fábrica de Massó. Algúnhas das persoas detidas foron golpeados polas forzas da orde e posteriormente trasaladad@s a dependencias policiais. Seis d@s detid@s tiveron que pasar a noite no cuartelillo.

Con esta xa son varias as veces que a Delegación do Goberno opta por reprimir un dereito básico como é o d@s ecoloxistas a opoñerse a unhas obras ilegais, que implican un grave atentado medioambiental e lesionan aos intereses económicos de milleiros de persoas que viven do marisqueo. Hai un mes máis de mil persoas manifestáronse en contra deste proxecto polas rúas de Cangas, unha demanda que o goberno non só desatende senón que manda reprimir brutalmente.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s