Massó e o Tribunal Supremo: manipulación desinformativa

A manipulación informativa dos medios de deformación de masas sempre vai parella á destrución do territorio e da riqueza común para beneficio duns poucos. É por iso que A RÍA NON SE VENDE ven de facer pública a seguinte Nota de Prensa:

O TRIBUNAL SUPREMO NUNCA SE PRONUNCIOU SOBRE A LEGALIDADE OU A ILEGALIDADE DO PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ

Nos últimos días foron varios os medios de comunicación que reproduciron unhas declaracións que en máis dunha ocasión repetiu a Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, sobre unha suposta sentencia do Tribunal supremo que avalaba a legalidade da concesión da licencia para o porto deportivo de Massó.

Pois ben, o Tribunal Supremo nin se pronunciou, nin pode, nin entende (de momento) sobre a legalidade ou ilegalidade desa obra e desa concesión. Ese asunto nunca chegou a ese Tribunal.

Quen debe pronunciarse sobre isto é o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en cuxas estanterías durme desde hai catro anos un contencioso presentado pola Confaría de Pescadores San José de Cangas, que parece agardar a que as obras estean rematadas.

Este TSXG só resolveu ata agora (hai xa tres anos) denegar a paralización cautelar das obras, baseándose en que considera suficiente garantía unha fianza depositada pola empresa promotora por importe de 631.000 euros… Unha cantidade asombrosamente ridícula que non cubriría nin dez meses de explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros que esta obra pretende destruír para sempre.

Iso, e non outra cousa, é o que se recurríu ao Supremo: a denegación da paralización cautelar das obras. E sobre iso e non outra cousa é sobre o que ese Tribunal se manifestou, desestimando o recurso. Pero nada dixo (nin pode dicir) sobre a legalidade ou ilegalidade da obra ou da concesión, asunto que antes de chegar ao Supremo (se chega) debe agardar (non se sabe canto) pola resolución do TSXG.

Isto é ben fácil de contrastar. Basta pedirlle a quen afirma o contrario que presente, ou aporte os datos pertinentes, desa suposta sentencia do Tribunal Supremo.

Non é manipulando a información, nin facendo deixación de funcións, nin aprazando sine die as resolucións, nin mirando para outro lado, como as distintas institucións implicadas van resolver este conflito.

E indo un pouco máis alá: O feito de que unha obra sexa legal (que non é o caso) non a converte en necesaria e moito menos en obrigatoria. Sobre todo cando pretende realizarse sobre un espazo de dominio público.

Cando un pobo se manifesta coa contundencia coa que o fixo Cangas o primeiro de agosto ao redor dos seus mariñeiros, cando máis de cinco mil persoas saen á rúa, cando se pechan solidariamente centos de bares e comercios… sobran valoracións e comentarios. Os seus “democráticos dirixentes” deben tomar boa nota. Se, como a eles sempre lles gusta dicir, están ao servizo da vontade popular, non lles queda máis que unha opción.

Corina Porro, Clara Millán, Delfín Fernández, Antón Louro e outr@s parecidos non poderán seguir disimulando. Non é unha “minoría moi minoritaria” a que se opón a este malfadado proxecto. A vontade popular quedou moi clara e debe prevalecer sobre os intereses privados.

A RÍA NON SE VENDE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s