Concentracións diarias diante de Caixanova polas obras de Massó

Concentración diante de Caixanova en Vigo

A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende”, ven de organizar, durante todos os dias da pasada semana, concetracións informativas diante da oficina central de Caixanova, en Vigo, pola implicación que ten esta empresa financieira nas obras do porto deportivo de Massó en Cangas.

O PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ é un atentado contra a ría de vigo promovido porCaixanova, socio maioritario de Marina Atlántica.

Ocupación lámina de auga: 212.348 m2; Recheos: 40.000 m2

CAIXANOVA, accionista maioritaria, pretende aquí o maior pelotazo urbanístico de Galicia Os beneficios netos para os promotores estarían entre 250 e 300 millóns de euros (entre 40.000 e 50.000 millóns de pesetas). Así se explica o cúmulo de irregularidades, ilegalidades e o escurantismo administrativo de todo este proxecto desde o seu inicio. E tamén a manipulación informativa e a durísima represión contra quen amosa a súa oposición ao mesmo.

A zona mariña de Massó que pretende estragarse coa construción do porto deportivo é unha das zonas de maior riqueza biolóxica da Ría de Vigo.Os seus fondos de maërl, protexidos pola UE, son especialmente ricos en biodiversidade e constitúen unha zona de alevinaxe de moitas especies.

Nela faenan arredor de 500 persoase dalítense sacado máis dunha tonelada de ameixa nun só día. Pero tamén polbo, camarón, navalla, ostra, centola, ourizos…

En terra este proxecto busca especular con 200.000 m2para a construción de vivendas de luxo, hoteis e un centro comercial.Moitos deses metros cadrados son de dominio público, outros zona industrial e unha boa parte está cualificada como espazo natural protexido: Espazo Natural Barra–Cabo home.

Os portos deportivosprivatizan o litoral para uso duns poucos. Levan aparellados recheos e dragados e destrúen a riqueza biolóxica. A banda sur da Ria de Vigo, de Bouzas a Rande, está bioloxicamente morta. A ribeira norte, o Morrazo, constitúe o corredor biolóxico que permite o equilibrio do fráxil ecosistema natural da ría. O proxecto de Massó cortaría este corredor e suporía un paso máis na degradación da marabilla natural que é a ría. 500 familias mariñeiras veríanse privadas dos seus lexítimos recursos (recursos que están sempre aí, ano tras ano, xeración tras xeración) e todas e todos nós seríamos despoxados dunha zona natural e pública de incalculable valor.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s