Comunicado de “A Ría Non Se Vende” sobre a ilegalidade da construción dos Silos no recheo de Bouzas

almacen-de-vehiculos-no-recheo-de-bouzas.jpeg

A construción dos silos para vehiculos no recheo de Bouzas é unha obra ilegal.

Desde a rede de colectivos A Ría Non Se Vende lembramos que as administracións públicas deben ser as primeiras en cumplir a lei, mais é inaceptabel que a Autoridade Portuaria de Vigo sexa a primeira en infrinxila, ademais coa conivencia de todos os partidos con representación no Concello de Vigo.

A construción dos silos en altura para almacén de vehiculos no recheo de Bouzas carece da obrigada licencia municipal de obras, polo tanto esiximos aos responsabeis do Concello de Vigo que paralicen estas obras de inmediato.

Ademais o porto de Vigo carece de Plano de Usos polo que non pode autorizar ningunha obra desta magnitude en solo portuario. A día de hoxe a totalidade dos terreos adscritos e baixo xestión da Autoridade Portuaria de Vigo seguen na máis estrita ilegalidade desde a entrada en vigor da Lei 27/1992, de Portos do Estado e da Mariña Mercante.

No referente ao “Plano Especial” “supostamente” aprobado, e co que intentan xustificar a construcción dos silos, mantemos que, segundo o disposto na Lei 48/2003, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, este Plano Especial carece de validez mentras non se aprobe o Plano de Usos.

Os silos de Bouzas que ocuparian, de levarse a cabo, unha superficie de 9.040 m2 e unha altura de tres pisos provocarian unha barreira visual en forma de pantalla permanente que alonxaria visualmente, ainda máis, o mar da cidade. Isto suporia un grave atentado paisaxístico que estragaria a xa deteriorada paisaxe desde todos os miradores da ría. Paisaxe que se vai despersonalizando e perdendo o seu grande valor con cada obra portuaria. Esta obra é un paso máis cara a artificialización total do litoral da Ría.

O macro-recheo de Bouzas provocou xa graves deterioros na paisaxe de especial beleza na que estaba inmersa a vila de Bouzas, mais se levantan os silos este impacto se multiplicará.

A paisaxe é un recurso natural que hai que protexer e que produce beneficios económicos e beneficios imateriais para os habitantes que nela viven. Son as administracións públicas quen terian que encargarse de esta protección, sen embargo sucede todo o contrario, son estas mesmas institucións as que destruen a nosa riqueza natural e paisaxistica.

Non nos cansaremos de dicir que os vehiculos almacenados no recheo só terian que estar no porto no momento de embarco e desembarco, a superficie portuaria non debe ser un almacén de vehiculos, estos poderianse almacenar no interior, sen facer recheos e estragar a ría. É hora de levantar recheos e recuperar o litoral.

A degradación do ambiente e da nosa riqueza paisaxística é degradación tamén da nosa identidade.

NON Á CONSTRUCIÓN DOS SILOS. NON MÁIS FORMIGÓN NO LITORAL

A Ría Non Se Vende

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s