11 de setembro: Trascendental xornada de loita en defensa do Salgueirón

flota_bajura_ria_vigo_puerto_masso.jpgPARO TOTAL DA FLOTA DE BAIXURA E DAS LONXAS DA RÍA DE VIGO

CENTOS DE BARCOS SE CONCENTRARON NO SALGUEIRÓN E UNHA MANIFESTACIÓN PERCORREU AS RÚAS DE CANGAS

O de onte foi outro día importante na longa loita de Cangas en defensa do Salgueirón. Unha loita que xa non é só de Cangas senón de toda a ría, porque onte toda a Ría de Vigo estivo alí, diante da antiga fábrica de Massó.

O seguimento da folga convocada esixindo a paralización inmediata das obras do porto deportivo foi total. Tódalas lonxas da ría permaneceron pechadas, coa excepción da de Vigo onde só se descargou pesca de altura. A flota pesqueira, bateeira e marisqueira permaneceu amarrada ou concentrouse na zona do Salgueirón, onde máis de duascentas embarcacións procedentes de tódolos portos da ría, e algúns de fora dela, fixeron sonar as súas sirenas insistentemente desde as 11 da mañá. Mesmo había un barco da Garda Civil que tamén se quixo sumar á xornada reivindicativa. Menos este, todos os demais lucían bandeiras nas que se podía ler “Caixa rouba: Stop Massó” e moitos portaban grandes faixas con distintas consignas.

11sa.jpg
En terra centos de persoas acudiron a recibilos entre aplausos e berros de “goberne quen goberne Massó non se vende”, respondendo así á convocatoria de A RÍA NON SE VENDE a pesar de tratarse dun día laborable.

Unha foto malograda

A nota discordante puxérona uns asistentes que non foran convidados. Referímonos aos representantes do BNG, Teresa Táboas e Bieito Lobeira que se presentaron no lugar coa intención de saír na foto. Pero a foto saíulles bastante movida e moi desenfocada.

É un insulto á intelixencia dos veciños e veciñas de Cangas que estas persoas tiveran o descaro e o atrevemento de presentarse alí, cando nas mans da súa compañeira de partido e alcaldesa de Cangas, Clara Millán, está a posibilidade (e a obriga) de parar esas obras con só asinar un papel, pois, entre outras moitas irregularidades, carecen de licencia municipal. Pero Caixanova (ou caixa rouba), accionista maioritaria da empresa promotora, é moi… como dicir… influínte?

benito.jpg

E a foto saíulles movida porque os berros de “Bloque, PSOE, PP, a mesma merda é”, “BNG fora de Massó”, hipócritas, vendidos, corruptos e outras lindezas, acompañáronnos moi de cerca, cara con cara, tanto cando embarcaron nun dos barcos como cando, unha hora despois, saíron del a toda presa e fuxiron peirao adiante como almas que leva o demo. E aínda no mesmo barco tiveron que oír bastantes cousas. Deuse ademais a circunstancia de que sobre as 11:30 toda a flota tomou rumbo á casa do concello, moi próxima ao mar, para levar á alcaldesa a protesta. As súas caras alí eran todo un poema.

Caixa rouba e Excongal: terrorismo ambiental

Houbo, ademais desa, outras provocacións. Desde as salas nobres de Caixanova en Vigo contratáronse os servizos dunha empresa para que se ocupara de descolgar unhas faixas que, aludindo a Caixa rouba, estaban penduradas en distintos lugares da Alameda de Cangas. Compañeiros e compañeiras do Foro impediron que o fixeran.

A outra viu da empresa construtora (a tristemente célebre “Excongal, terrorista ambiental”). Diante da caseta da obra formaban case militarmente cinco ou seis homes. Brazos cruzados, pernas abertas e mirada desafiante @s manifestantes. Ninguén entrou ao trapo e o desprezo máis absoluto foi a resposta que recibiron.

clara-millan-na-lembranza.jpg

Manifestación

Arredor das 12:30 e tras despedir á flota, formouse unha manifestación que se dirixiu primeiramente á oficina principal de Caixanova en Cangas. Alí permaneceron @s manifestantes un bo rato entre asubíos e berros de “Caixanova especuladora” ou “Salgueirón expropiación”, para saír logo cara o concello. A Sra. Alcaldesa non estaba e non puido recibir a uns representantes dos mariñeiros que así o solicitaran. É unha muller moi ocupada, claro.

A loita dura xa catro longos anos, pero nós estamos seguros de que ese porto deportivo nunca se vai construír. E cada día que pasa crécenos por dentro máis e máis esa seguridade. A loita continúa, pero a victoria está cada vez máis cerca.

Massó non se vende / A Ría Non se Vende / Galiza Non se Vende

A XORNADA NA PRENSA ESCRITA:

AXENCIA EFE
Doscientos barcos contra el puerto de Massó

GALICIA HOXE
Todos contra “Massó”

EL PAÍS
Paro total de la bajura de la ría de Vigo contra la marina de Massó

EL CORREO GALLEGO
Clamor de todas las cofradías de Vigo contra las obras de Massó

DIARIO DE PONTEVEDRA
Cientos de barcos se concentran en la ría de Vigo contra el puerto de Massó

EUROPA PRESS
La flota de bajura de la ría de Vigo expresa con un paro su rechazo al puerto de Massó en una jornada sin incidentes

XORNAL.COM
Douscentos barcos colapsan a ría de Vigo en contra do porto de Massó

FARO DE VIGO
La flota de bajura y lonjas de la ría, salvo la de Vigo, secundan el paro contra el puerto de Massó

LA VOZ DE GALICIA
Concentración en la ría de Vigo contra el proyecto de Massó

Cien barcos de toda la Ría de Vigo se mobilizan contra el puerto de Massó

Críticas contra Bieito Lobeira y Teresa Táboas, presentes en el acto reivindicativo

Advertisements

One thought on “11 de setembro: Trascendental xornada de loita en defensa do Salgueirón

  1. Non é xusto incluír a Begoña Pérez Santaclara como invitada non grata, esta concelleira de Cangas, que ía na lista do BNG nas municipais no nº 3, saíu do seu grupo municipal por graves discordancias coa alcaldesa. Tivo a dignidade de non colaborar no seu autoritario e demencial desgoberno.
    Onte estaba no barco da prensa, pero non se pode de modo algún poñer no mesmo saco de Bieito Lobeira e Tareixa Taboas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s