POLA CANCELACIÓN DA CONCESIÓN DE MASSÓ

Represión en MassóNa pasada semana asistimos a unha nova mascarada política no Parlamento de Galicia en relación co conflito de Massó.


Mentres o PP aseguraba que o Concello de Cangas pode parar as obras do porto deportivo “cando queira”, o BNG sostiña que tal decisión debe tomala a Autoridade Portuaria, dirixida pola popular Corina Porro. Nesta ocasión pensamos que os dous teñen razón. Calquera deles pode parar dunha vez por todas esa desfeita.

 

A alcaldesa de Cangas (BNG) ten na súa man paralizar de xeito inmediato unhas obras que carecen da pertinente licencia municipal, licencia que os promotores do porto deportivo nin tan sequera se dignaron solicitar, e que hai contundentes razóns xurídicas para non conceder. Neste asunto o BNG practica unha dobre política cargada de hipocrisía: Oponse á realización das obras nas instancias onde carece de poder para paralas (no parlamento galego e no español) e deixa facer onde si ten esa capacidade: no Concello de Cangas. Eles saberán por que…

O da Autoridade Portuaria de Vigo (PP) é outro cantar. A Autoridade Portuaria é unha institución antidemocrática, suxeita a unha lexislación especial, ao servizo das grandes empresas e empresarios sendo a responsábel directa da progresiva ruína da Ría de Vigo. Leva anos sumida na máis completa ilegalidade, sendo o único Puerto deInterés General del Estado que carece do preceptivo Plan de Usos, carencia que se prolonga desde o ano 1993, polo que todas as súas actuacións están dende aquela fora do marco legal.

É moi difícil entender como no Consello de Administración do porto de Vigo están, entre outros, o Director de Caixanova Julio Fernández Gayoso, o director de Citröen, Pierre Ianni, ou o presidente da confederación de empresarios de Pontevedra José Manuel Fernández Alvariño. Quen elixiu a esta xente?? Por que os empresarios poden decidir sobre o futuro da Ría?? Por que non hai, nese Consello, ningún representante dos mariñeiros, nin das mariscadoras, nin dos cidadáns?? Por que sendo a ría de Vigo tan rica bioloxicamente só se fan proxectos que agriden aos ecosistemas mariños??

É moi grave que, estando a propia Caixanova representada no Consello de Administración do Porto, este intente levar a cabo, contra vento e marea, en contra da legalidade, un proxecto do que esta entidade é a maior accionista e que suporía o maior pelotazo urbanístico da historia de Galicia.

Non entendemos como un Porto de Interese Xeral pode ter xurisdición sobre concesións que non teñen uso portuario na actualidade. Pero dado que isto é así, dende a rede de colectivos “A Ría Non se Vende” esiximos a inmediata paralización do porto deportivo e a cancelación da concesión de Massó porparte da Autoridade Portuaria de Vigo.


A Ría Non Se Vende

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s