CAMPANHA DE BOICOTE A CAIXANOVA

caixaroba-culpavel-da-desfeita-de-masso.jpg

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Caixanova especula e destrue a Ria de Vigo

RETIRA OS TEUS CARTOS DE CAIXANOVA

FECHA AS TUAS CONTAS


NON COLABORES CON ESTA DESFEITA NO LITORAL!


CAIXANOVA, socio maioritario da promotora Marina Atlántica, pretende dar o maior pelotazo urbanístico de Galicia na zona do Salgueirón a Punta Balea, en Cangas. Este proxecto busca especular con 200.000 m2 en terra para a construción de vivendas de luxo, hoteis e un centro comercial na zona onde se sitúan os restos da antiga factoría conserveira de Massó, catalogada como Patrimonio Industrial. Moitos deses metros cadrados son de dominio público e unha boa parte está cualificada como Espazo Natural Protexido (Espazo Natural Barra – Cabo Home).

No mar pretenden facer un recheo de 40.000 m2, ocupando unha lámina de auga de 212.348 m2. Esta obra afectaría unha das zonas de maior riqueza biolóxica da Ría de Vigo. Os seus fondos de maërl, protexidos pola UE, son especialmente ricos en biodiversidade e constitúen unha zona de crianza de alevíns de moitas especies. A banda sur da Ria de Vigo, de Bouzas a Rande, está bioloxicamente morta. A ribeira norte, o Morrazo, constitúe o corredor biolóxico que permite o equilibrio do fráxil ecosistema natural da ría. O proxecto de Massó cortaría este corredor e suporía un paso máis na degradación da marabilla natural que é a ría. Á parte disto, na área faenan arredor de 500 persoas e dalí tense sacado máis dunha tonelada de ameixa nun só día. Tamén é rica en polbo, camarón, navalla, ostra, centola, ourizos…


Os grandes beneficios que pode reportar a construción do porto deportivo na zona do Salgueirón explican o cúmulo de irregularidades, ilegalidades e o escurantismo administrativo que teñen caracterizado todo este proxecto desde o seu inicio. A día de hoxe, as obras en terra carecen da licenza municipal necesaria neste tipo de proxectos. A isto súmanse a manipulación informativa e a durísima represión, con decenas de xuízos, multas e agresións contra quen ousa protestar de forma pacífica contra esta obra de dubidosa legalidade. Esta represión vén orquestrada pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra e levada a cabo pola Guardia Civil, que neste caso actúa como empresa de seguridade privada ás ordes directas do subdelegado do goberno e da entidade financeira.


Nestas circunstancias, desde A Ria Non Se Vende levamos a cabo un boicote a Caixanova, por ser esta a máxima impulsora (quer directamente e como principal interesada no proxecto a través de Marina Atlántica, quer de forma máis “disimulada” por cobro de “favores” a institucións como o Concello de Cangas ou a Autoridade Portuaria de Vigo) deste atentado ambiental, social e paisaxístico. Animámosvos a que colaboredes con nós, retirando os vosos cartos (os mesmos cos que especulan e financian desfeitas como a do Salgueirón) e fechando as vosas contas en Caixanova, enviándolles o escrito de renuncia que vos achegamos para que coñezan o porqué deste boicote e difundindo esta información entre os vosos contactos.


NON PERMITAS QUE OS TEUS CARTOS SE INVISTAN NA DESTRUCIÓN DA RÍA


AXUDA O NOSO LITORAL, DETÉN A DESFEITA NO SALGUEIRÓN!


CAIXANOVA FÓRA DE MASSÓ!


————————————————————————————————————


*Modelo de escrito para entregar nas sucursais no momento de fechares as tuas contas*



 

Sr./Sra. Director/a da sucursal de Caixanova …………………………………………… (pôr a sucursal) :


Eu, …………………………………………… con Documento de Identidade ………………………………….., expoño que:


hoxe en día, son titular da(s) seguinte(s) conta(s) bancaria(s) na entidade Caixanova:


………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………


e que:


dada a situación de agresión ao medio que se produciría de se levar a cabo a construción dun porto deportivo e unha urbanización de luxo na zona do Salgueirón – Massó (Cangas) financiada por Caixanova.


Manifesto:


o meu total rexeitamento contra esta obra especulativa e de nulo beneficio social que destruiría, non só a biodiversidade desta rica zona da Ría de Vigo senón tamén a forma de vida tradicional e sustento de moitas familias do Morrazo.



Polo cal PROCEDO A RETIRAR TODOS OS CARTOS QUE TEÑO DEPOSITADOS NA SÚA ENTIDADE E A CANCELAR TODAS AS CONTAS E TARXETAS DAS QUE SON TITULAR.


 


Atentamente,


 


Asdo.:


Nome ………………………………………………….

DI ………………………………………………………

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s