A RÍA NON SE VENDE PRESENTA DENUNCIA PENAL CONTRA OS RESPONSABEIS DO PORTO POLAS OBRAS DE RECHEO DO AREAL

2009-1vig2puerto.jpg

  A rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE ven de presentar, este vernes 11, no Xulgado de Instrución de Garda de Vigo (nº7) unha denuncia penal contra os responsables da Autoridade Portuaria de Vigo (Corina Porro, e Luís Lara Rubido, entre outros) pola comisión dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, contemplado nos artigos 325 a 331 do Código Penal, e outro de prevaricación, segundo o estipulado no artigo 404 do mesmo Código, ambos relacionados coas obras iniciadas no Areal.  

 

  A denuncia baséase na falta de cobertura legal dunhas obras que se están  executando sen que o proxecto das mesmas fora tramitado e aprobado debidamente segundo a lexislación vixente, sen terse tampouco sometido á preceptiva exposición pública,  claramente prexudiciais para o medio ambiente e os recursos naturais, e que se están realizando sen que se conte co indispensablePlan de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo. De todo o dito son coñecedores os citados responsables da Autoridade Portuaria de Vigo, polo que están incurrindo nun delito de prevaricación.

 

  Pídese na denuncia que “se adopten cantas medidas cautelares se entendan oportunas a fin de evitar os feitos irreversibles que suporía a realización da obra”. Ao mesmo tempo, A RÍA NON SE VENDE continúa adiante coa tramitación dos recursos contencioso-administrativos contra os proxectos de ampliación do recheo de Bouzas, do peirao d´A Laxe co porto deportivo anexo,  e o do Areal. Pero neste último caso, ante a política de feitos consumados, optamos tamén pola vía penal.  

  En reiteradas ocasións manifestouse por parte dos responsables da APV que a obra en cuestión realizaríase mediante “pilotes”, o cal –sen ser inocuo– suporía a non realización de novos recheos na Ría. Pero a realidade é ben outra, como se pode comprobar nas probas que se adxuntan á denuncia e como nós xa tíñamos manifestado en múltiples ocasións: a maior parte da obra será recheo.

  A mentira e a manipulación informativa seguen sendo o estilo característico da Autoridade Portuaria de Vigo. Agora, cando xa é público e notorio que o proxecto implica un recheo de máis de 25.000 m2, que ese recheo se está realizando ademais con materiais inadecuados (procedentes das obras dos túneles do AVE, máis que probablemente contaminados con metais pesados das tuneladoras), que ese material “fino e triturado” fará que as correntes transporten a contaminación por toda a ría (afectando aos cultivos, bancos de marisco, bateas e pesca) e que o proxecto conleva un dragado de 151.000 m3 que espallará tamén por toda a ría os restos depositados nunha zona altamente contaminada (“rica” igualmente en metais pesados), aínda agora, con todo iso, a Sra. Porro afirma sen rubor que esa actuación é “totalmente respectuosa co medio ambiente”.

  Á mentira e á manipulación informativa habituais haberá que sumar o descaro, o cinismo e o insulto á intelixencia da cidadanía.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s