NOTA DE PRENSA DE “A RIA NON SE VENDE” SOBRE A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO AREAL

recheio-no-areal.jpg

Os colectivos que formamos a a rede “A Ría Non Se Vende” valoramos moi positivamente o Auto da Xuiza que paraliza as obras de ampliación do porto, mediante recheos, no Areal.

Como viñamos sostendo desde a rede, estas obras precisan de estudo de impacto ambiental, segundo a lexislación vixente, que entrou en vigor no 2008, en concreto, o “Real Decreto Lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avalación de Impacto Ambiental de Proxectos”.

Asimesmo, esiximos que se cumpran as estipulacións do “Real Decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a producción e xestión dos residuos de construcción e demolición”.

O recheo do Areal é unha obra, que está provocando un grave atentado ambiental, ao poñer en suspensión e disolución muitas partículas contaminantes almacenadas, durante décadas, nos fondos lamacentos da zona, unha das máis contaminadas da ría. Entre estos contaminantes hai metais pesados (cobre, mercurio, chumbo, zinco…), hidrocarburos aromáticos policíclicos e benifenilos policlorados, entre outros. Estes compostos son moi persistentes e de difícil degradación natural, teñen un elevado potencial canceríxeno e capacidade de bioacumulación nos seres vivos, polo que representan un grave perigo, se se poñen en suspensión, tanto para a fauna e flora de todo o medio mariño como para os consumidores dos produtos da Ría, xa que poden introducirse na cadea alimentaria.


Estamos totalmente de acordo en que se impute á directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente por dictar una resolución sen atender la lexislación vixente en materia de avaliación ambiental, o que de feito constitúe un delito de prevaricación.

Mais tamén pensamos que teñen grande responsabilidade os dirixentes do Porto de Vigo, especialmente Corina Porro e Luis Lara, presidenta e director, que están denunciados penalmente pola mesma obra, pola comisión dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, contemplado nos artigos 325 a 331 do Código Penal, e outro de prevaricación, segundo o estipulado no artigo 404 do mesmo Código.

Alén de non terse feito o Estudo de Impacto Ambiental, estas obras de recheo estábanse executando sen que o proxecto fora sometido á preceptiva exposición pública, e sen que se contara co indispensábel Plano de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto (plano de usos), que tiña que estar listo hai 18 anos, cando se aprobou a Lei 27/1992, de Portos do Estado e da Mariña Mercante.

Non cabe argumentar que o Porto de Vigo ten un plano especial que avala as obras por canto dito plano especial esta suspendido por non haber plano de usos, según o disposto no artigo 96. 7 da Lei 48/2003, de 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral que establece que:

“Con carácter previo á formulación pola Autoridade Portuaria do plano especial ou instrumento equivalente que ordene a súa zona de servizo deberá atoparse aprobado o plano de utilización dos espazos portuarios do porto.”

É curioso que na Autoridade Portuaria se sorprendan pola celeridade co que foi dictado o auto xudicial, supoñemos que acostumados como estaban á política de feitos consumados, e a fazer o que lles dera a gaña conculcando permanentemente as Leis, nunca esperarían que se lles pedira contas e responsabilidades penais.

Non nos cansaremos de repetir que se no porto precisan espazo, teñen que trasladar fóra da súa superficie todas as naves e industrias alleas á actividade portuaria, tal e como establece a vixente Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réximen económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral.

Desde ARNSV esiximos que o Porto de Vigo cumpra as Leis e respete o medio ambiente.

A RÍA NON SE VENDE

Advertisements

One thought on “NOTA DE PRENSA DE “A RIA NON SE VENDE” SOBRE A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO AREAL

  1. Claro q é unha boa nova, pero o problema está no feito de que a lexislación é modificable. No fundo os xuices únicamente aplican as normas aprobadas polo poder executivo (lease partidos políticos, é decir, aqueles que queren recheos e especulación). Sinto ser tan negativo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s