PONTEDEUME 3º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Caravana de Galiza Non Se VendeSábado 6 de Febreiro ás 21:00 no Centro Social Ocupado “A Casa da Estación”
Actuarán:

  • Inllorfeis  HarrdCore/ Punk desde Corrubedo
  • Los Krasta Punk desde Ribeira

Colaboración : 2 euros


Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A clase política é culpabel da catástrofe ambiental que sofre a nosa terra. Uns e outros, todos eles, préganse como nunca á avaricia dos grandes intereses económicos que subvencionan aos seus partidos. Por iso, coa voz dos seus amos, pretenden enganarnos con palabras como progreso, desenvolvemento, crecemento… engadindo sempre, como unha xaculatoria hipócrita, a palabra “sostibel”. En realidade o crecemento é só para aqueles que lles pagan. Os recursos de Galiza (e os do planeta) son limitados, e esta carreira de depredación e espolio é un camiño que non leva a ningures. Ou que leva só a hipotecar o futuro dos nosos fillos e a deixar miseria como herdanza ás próximas xeracións.

 

É hora de pararlles os pés a esta panda de corruptos

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s


http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s