OURENSE:Xoves 11 de Febreiro, no entroido ourensán, ás 21:30 no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor).
-
Sotazero Rumba catalá-Barcelona
-
Selectah in helicopta Sistema de son-Vigo
-
García MC DKTC +Gendbeat Ragga/Beatbox
-
+Sorpresa!!
Colaboración 3 Euros
Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.
A privatización e venta do que sempre foi noso, a nosa costa, as nosas rías, o noso vento, os nosos montes, os nosos ríos… supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en proveito duns poucos. Os beneficios son para as grandes empresas, para os grandes capitais, pero os seus custes externalízanse socialmente, e supoñen a destrución dunha natureza privilexiada, do medio ambiente, da paisaxe, e do noso tecido económico e social. Estes custes pagámolos todas e todos nós.
Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende
Terra viva e vida digna para tod@s
http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/