NOTA DE PRENSA SOBRE O PLANO DE USOS E AS OBRAS DE RECHEO NO AREAL

Recheo absurdo do ArealNOTA DE PRENSA DE “A RÍA NON SE VENDE”

SOBRE O PLANO DE USOS E AS OBRAS DO AREAL

Desde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” consideramos unha aberración que se levante a paralización cautelar da obra do Areal por parte da Audiencia Provincial, sobre todo cando se coñece, polas declaracións da ministra Espinosa, que a Autoridade Portuaria, aínda a día de hoxe, non enviou o informe de Plano de Usos ao Ministerio de Medio Ambiente para a súa tramitación ambiental.

Aínda que a Audiencia condiciona as obras do Areal a un Plano de control ambiental, estas non se poden executar legalmente sen a existencia dun Plano de Usos debidamente aprobado. Ademais, falar de plano de control ambiental parece un xeito de sacarlle importancia ao que debería ser un estudo serio de impacto, intentando deste xeito enganar a opinión pública, dando a imaxe de que se están facendo as cousas ben, para saír do paso. Ademais o organismo designado pola Audiencia como competente para realizar o hipotético control ambiental, pertence ao propio Ministerio de Fomento, sendo polo tanto xuíz e parte.

Advertisement

Compostela, 21 de marzo ás 12:00 na Alameda: MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO Ás 17:00 na Sala Nasa Último concerto da II Caravana reivindicativa de GNSV.

mani-gnsv.jpgcaravana-compostela.jpgConvocatoria:

Cando se cumpre un ano do cambio de goberno da Xunta, comprobamos que goberne quen goberne, gaña o produtivismo. O goberno do PP, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.

Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.

Intentan manter un modelo que non serve, que nos espreme como persoas, destroza o medio ambiente e agranda as diferencias económicas entre os pobos e entre as persoas.

A nosa lingua e a nosa cultura son menosprezadas e atacadas por un goberno que se avergoña e renega delas. A Sanidade vai camiño da privatización total.

Seguir lendo

Sábado 20: COSPEITO: 10º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Galiza Non Se VendeCOSPEITO:

Sábado 20 de Marzo:
Ás 21:30 h. na Casa de Cultura de Muimenta

Actuarán:
  • Mini e Mero              
  • Caivanca
  • Buxos verdes
  • Os Valuros de castro de Rei
  • Recital poético

Entrada de balde

O Domingo 21 de Marzo, tod@s á Compostela:

MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO

aś 12:00 desde a Alameda.

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do terrtorio.

Pola soberania alimentaria e enerxética.

Por outro modelo de transporte.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

13 de Marzo. VIGO: 9º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Galiza Non Se Vende

Sábado 13 de Marzo. Vigo:

Ás 00:00 h. na Sala A Farándula (Praza de Portugal)

Actuarán:
  • Traspés                    Gaiteir@s e pandereteir@s
  • O Tear de Llerena   Pandereteir@s
  • Gendbeat                 Beatbox/birimbao
  • Os Vacalouras        Pataca and roll
  • Leo e Gabi                Música tradicional

Colaboración 3 Euros

É hora de paralizar as agresións á nosa Terra!

É hora de empezar a liberar esta sociedade, que leva anos secuestrada, para que participe nos procesos de decisión que lle afectan directamente. É hora de que se teñan en conta aos colectivos sociais e á cidadanía.

Chegou a hora da demolición, de todas as aberracións urbanísticas, naves empresariais, paseos de formigón no litoral, recheos e portos deportivos, industrias perigosas e contaminantes…

É hora de que se respecte a biodiversidade da nosa Terra, o medioambiente e a paisaxe.

 É hora de que se deixen de privatizar os servizos sociais. É hora de parar a especulación.

É hora de fazer respetar a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade.

Non vamos consentir máis agresións á nosa Terra.

Non vamos consentir que sigan destruíndo, privatizando ou especulando coa nosa Terra, cos nosos montes, co noso mar, coa nosa paisaxe, nin coa nosa forma de vida.

Por iso, hoxe máis que nunca, queremos dicir con voz forte e clara:

 GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!!!

O 21 de Marzo, tod@s á Compostela:

MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO

aś 12:00 desde a Alameda.

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do terrtorio.

Pola soberania alimentaria e enerxética.

Por outro modelo de transporte.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Conferencia “O futuro do tren de cercanías en Galicia”

dsc02669.JPG

Os colectivos Plataforma Salva o Tren, a Plataforma Cidadá Contra a Autovía de Redondela (membr@ da Rede A Ría Non se Vende) e a Asociación Alén Nós, queremos convidarvos a asistir á Conferencia-presentación de estudo titulado ” O Futuro do Tren de Cercanías en Galicia”, que se celebrará o vindeiro xoves, 11 de marzo do 2.010, ás 19:30 horas, no Multiusos da Xunqueira, (paseo da Xunqueira sen Número) de Redondela ca intervención de Manuel Xesús Amenedo Otero, Inxeneiro Tecnico de Obras Públicas pola Universidade de Burgos; Fernando Gómez Camarero, Coordinador Xeral de SALVA O TREN; e Lucía Latorre Búa, Portavoz de SALVA O TREN.

Seguir lendo

Monteferro no Avance do PXOM: cemento, ladrillos e area

foto48.jpgO pasado sábado Salvemos Monteferro fixo pública unha nota de prensa na que daba conta da sorpresa e indignación que supuxo para este colectivo o Avance do PXOM de Nigrán, onde se contempla a cualificación como “zona urbanizable” para 20.000 m2 dese espazo natural senlleiro da Ría de Vigo.

Isto sucede cando o Consello Sectorial (no que está integrado o propio colectivo con máis de 20 asociacións de todo o concello) acababa de presentar as súas propostas nas que se reclamaba a maior protección para Monteferro, así como restrinxir ao máximo a construción de novas edificacións e infraestruturas na zona litoral.

Salvemos Monteferro naceu hai catro anos para parar un intento de urbanización do monte. Desde aquela choveu moito. Gañamos aquela batalla e, pouco despois, xunto ás asociacións veciñais de Nigrán, botamos abaixo un PXOM que apestaba a corrupción (aínda queda por aquí un resto daquel cheiro fedorento). Unha revolta popular pola que moit@s veciñ@s e compañeir@s pagamos un alto prezo.

Logo houbo eleccións e o PP foi derrotado. PSOE e BNG comparten agora os sillóns da Casa do Concello. Empezamos un novo PXOM con promesas solemnes de participación e transparencia. Pero volvemos ás andadas. Pois ben, nós seguimos e seguiremos sempre onde estabamos: Nigrán non se vende, Monteferro non se vende!!!

Para ler integramente a breve nota de prensa, ver unha recreación virtual da desfeita proxectada e engadir ao final un comentario (é importante para nós que o fagades) non tedes máis que pinchar aquí.

Salvemos Monteferro!!!

CANGAS DO MORRAZO: 8º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Caravana de Galiza Non Se VendeCANGAS DO MORRAZO:

CANGAS DO MORRAZO:

Sábado 6 de Marzo:
Ás 21:00 h. no Centro Social A Tiradoura

Agardámosvos a tod@s!!!

Actuarán:

* Selegal              Música tradidicional africana
* Lost Name         Rap
* Codia e Miolo    Teatro humorístico
* Chacarrandaina Música tradicional galega
* O neto de Manoel ….

Colaboración 3 Euros

Quando se cumpre um ano da chegada do PP ao goberno da Xunta, comprobamos que, como se esperaba, vamos de mal en peor. Os recursos naturais da nosa Terra continuan entregandose para servir aos intereses económicos das grandes empresas, cada vez dun xeito mais descarado.

Asfalto e formigón non son progreso. O tixolo e a marbellización do litoral galego non solucionan nada, senon están no cerne do problema. A acuicultura industrial destrúe a terra e o mar. Os recheos nas rías estragan a riqueza natural destas. A minaría a ceo aberto erosiona a biodiversidade e mata o medio rural. Os portos deportivos indiscriminados alteran as correntes e destrúen recursos pesqueiros… As políticas de destrución ambiental e social son absurdas e suicidas, por moito que haxa quen se lucre con elas.

O 21 de Marzo, tod@s á Compostela:

MNIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO

aś 12:00 desde a Alameda.

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do terrtorio.

Pola soberania alimentaria e enerxética.

Por outro modelo de transporte.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/