Benvid@ á Ría de Vigo. Está vostede nun lugar de singular beleza e riqueza natural, único no mundo pola súa elevada produción biolóxica, ecosistema fráxil que se esta a degradar dun xeito alramante pola desidia e ignorancia das institucións públicas e pola cobiza dunhas poucas empresas privadas.
Pode vostede bañarse nas súas augas, contaminadas por vertidos fecais, metais pesados, clorobifenilos e hidrocarburos.Mais desde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” propoñémoslle unha andaina polas desfeitas e zonas ameazadas do litoral:
![]() |
Empece por Nigrán, contemple a enorme chaira de 1 millón de m2 que estragou o bosque de ribeira e afectou ao leito do río Muíños, para construir o polígono industrial de Porto do Molle. |
Pode acercarse a Monteferro, espazo natural baixo ameaza constante de talas ilegais e proxectos de urbanización. | ![]() |
![]() |
Se segue pola costa, pasará por Coruxo, onde pode observar unha zona única en flora e fauna: a Xunqueira do Lagares, pero eso si, vaia vostede co nariz tapado xa que a fedorenta depuradora verte cada segundo 900 litros de aguas residuais sen tratar. Mais non se preocupe, ou si, xa que proxectan construír no mesmo sitio unha máis grande, que tampouco funcionará, porque non pensan separar as aguas pluviais, residuais urbanas e industriais. Esta, como todas as depuradoras da ría, onde as hai, funcional mal e contaminan o mar. |
Contemple a Illa de Toralla, coa monstruosa torre de apartamentos e a urbanización de chaléts, que constitúe a privatización dunha illa que debería ser parque natural e arqueolóxico para o desfrute de todaa cidadanía. |
![]() |
![]() |
Xa en Bouzas pode observar o macrorecheo, realizado aterrando o maior banco de bivalvos da Ría. Mais dun millón de m2 de superficie convertidos en almacén de veiculos e polígono industrial de empresas alleas á actividade portuaria que verten os seus residuos directamente ao mar. A súa iluminación provoca unha tremenda contaminación lumínica. Esta cafrada modificou a dinámica de correntes prexudicando a toda a vida mariña. Como din que non lles chega queren amplialo 71.500 m2 mais. Tamén están a construír silos, de tres pisos de altura, para almacenar veiculos, o que que estraga ainda máis a deteriorada paisaxe da ría. |
No centro de Vigo, si pasea polo Berbés, pode decatarse de como se coida o patrimonio arquitectónico. Se se achega ao peirao observe a nave dos redeiros, queren reconvertila en restaurantes e cafeterias, unha actividade “moi portuaria”. O PXOM desta cidade pretende duplicar a súa extensión e o volume construído no prazo de 12 anos, o que supón un atentado ambiental e paisaxístico (reducindo un tercio da superficie non artificializada), cultural (destruindo de 84 dos 95 núcleos rurais e unha importante riqueza arqueolóxica) e urbano (desaparecendo os sinais da identidade urbana, ausencia de espazo público de calidade, densificación e mobilidade insustentabeis). |
![]() |
![]() |
No Porto pode deleitarse co esperpéntico centro comercial da Laxe ou o edificio da Xunta (con orden de derribo) que pechan Vigo ao mar. Tamén pode imaxinarse como quedaría unha absurda fonte luminosa cibernética cun chorro de 100 m. de altura que ansían construir. |
Seguindo a rota, no Areal, está a Terminal de contentores, que pretenden ampliar en 80.000 m2. Contemple o recheo a medio facer, continuar con esta obra suporía remover os fundos e pór en suspensión moitas micropartículas de metais pesados e outros contaminantes que poderian afectar a toda a vida mariña e introducirse na cadea alimentaria, como avisan desde Investigacións Mariñas, o Oceanográfico e a Universidade. |
![]() |
![]() |
A seguinte parada é Teis, aquí está o porto deportivo de Punta Lagoa, algunhas das suas instalacións teñen orde de derribo por ilegais. Esta obra destruíu o banco marisqueiro da Lagoa e o hábitat do cabaliño de mar. Para achegar a el utilizase un cortalumes como vial. |
Siga ate Chapela. Alí verá a obra de aterramento de 5.000 m2 e dragado de 30.000 m3 da empresa Pescanova que está estragando un banco de vieira e volandeira, |
![]() |
En Rande, a pesares de ser Rede Natura, o porto continúa a expandirse, sen o máis mínimo respecto á natureza nin ao patrimonio. |
En Redondela visite as obras do AVE e da autovía e verifique como están estragando aínda mais esta vila e toda a súa contorna. |
En Arcade pode acercarse á empresa Pontesa, pechada despois de moitos anos tirando ao mar toda a louza defectuosa, o que provocou unha enorme contaminación por chumbo, nocivo metal que persistirá na Ría por moitos anos. |
![]() |
![]() |
Chegando a Vilaboa visite a conserveira Connorsa que ocupa dominio público marítimoterrestre e bota ao mar todos os seus refugallos. Pasee polo espigón de Punta Caralletes e imaxínese a utilidade que ten, pois é utilizado como aparcadoiro e como merendeiro. Este incomprensíbel espigón afecta á dinámica litoral. Achéguese ao porto de S. Adrián, que, como non, pensan ampliar. E por se fora pouco Costas está a facer un paseo marítimo que xa está a degradar o humidal, na zona das antigas salinas. |
Mais adiante, en Domaio visite as naves de conxelados de Fandicosta e o varadoiro de reparación de barcos e comprobará como ocupan dominio publico para actividades que puideran situarse fora da ría, producen contaminación, acústica, paisaxística e por vertidos. |
![]() |
En Moaña están a aprobar un PXOM brutal e especulativo que prevé duplicar a edificabilidade actual do concello recalificando 2.800.000 m2 de solo rústico protexido. |
|
![]() |
Cando chegue a Cangas pode decatarse que a especulación está a estragar esta fermosa vila e a súa contorna: A veciñanza luita por recuperar 5.000.000 m2 usurpados ao pobo en Aldán e 200.000 m2 da antiga factoría de Massó, que conta cun proxecto de porto deportivo no Salgueirón e urbanización de luxo aparellada, nun clásico da especulación, con recualificacións fora da lei, destrución e privatización do litoral e corrupción política. |
Por último navegue ata Cíes, se aínda ten estómago, e contemple o peirao de Rodas, que están a ampliar para fomentar o turismo en masa no xa maltratado “Parque Nacional”.
A RÍA DE VIGO ESTÁ EN PERIGO, LOITA POR ELA
A Ría Non Se Vende: rede de colectivos pola defensa da Ría de Vigo
Nacer nas Rías Baixas é unha honra e toda vez unha tristeza. Unha honza por ve-la luz nuns dous lugares paisaxísticos máis fermosos do mundo ainda que xa o tiña sido máis, pero os nosos gobernantes: alcaldes, ediles, empresarios, banqueiros… esa ralea de aves de rapiña sen escrúpulo algún, xa están eles ahí dende aproximadamente mitade do século XX para cargarselo todo, e por qué: cobiza, e outros intereses particulares que han causado, causan e causarán ó pobo. Achegámonos incrédulos a toda a desfeita, que por desgraza vai a máis. E non facemos nada o casi nada, ¿é o noso caracter así? ver como os que nos gobernan en vez de protexer o que é noso patrimonio paisaxístico e bens de interese cultural axudan ás aves de rapiña a trituralo todo.
Aparte de todo o anrterior ben dito por vostedes. Na mesma cidade de Vigo se quere derroubar ou “trasladar” (como trasladaron o edificio “Rubira”) a fachada do antigo asilo de anciáns que data de finais do século XIX en aras de unha urbanización da zona que eu non digo que non sexa necesaria. Pero entérese ben señor alcalde, Sr, Abel Caballero, urbanizar si pero non a calquera prezo. Vostede que ten varias carreiras e me consta que he unha persona culta, en principio di que o estado do inmoble é ruinoso. Faime gracia porque todo está en estado ruinoso ata que se restaura, e facéndolo ben, non de calquera forma. Pois ben, como pode decir vostede que é un edificio descatalogado e por lo tanto unha fachada que non ten valor algún e que así foi confirmado pola dirección xeral de Patrimonio o non sei que gaitas. Eu penso que vostede non he un mal alcalde pero as veces lle patinan as neuronas e non sei si se decata de ello: un papel di que un edificio se conserva e outro non, so eso, ¡qué simplista é vostede! pois para su información ríome na súa cara e na de a dirección xeral, e por non decir unha grosería. A FACHADA DO ASILO É DE ESTILO NEOGÓTICO, E MÁIS ANTIGO AUNDA QUE A IGREXA DE SANTIAGO DE VIGO. Qué diría vostede si agora houbese un plan para cambiar a zona, “urbanizala” e tirar con todo empezando pola igrexa… imaxine que levase uns anos pechada por falta de curas e recursos e o seu estado fose ruinoso… TIRARÍAMOS CON ELA, NON, TOTAL ESTASE CAENDO.
Hay tres palabras cada cal máis perigosa:
1ª DESARROLLO. Se non vai acompañado da palabra sostenible é respetuoso con o que ven de atrás, non é tal, é de elo temos probas máis que suficintes das desfeitas por nont ter en conta o entorno.
1ª DESARROLLISMO. Esto é o anterior levado a cabo en aras da modernidade e a calquera prezo. Isto é unha bazofia…unha merda
3º DESARROLLITIS. Esta verba inventeina eu e consiste nuncha enfermidade moi grave que afecta a algúns governantes que é unha inflamación do desarrollismo: o antigo non sirme o que llegou intacto e limpo ata aquí non serve e un atraso e polo tanto se pode un pisalo e desfacelo
“Hoc tibi dico ceteri dico” ( o que lle digo a vostedo llo digo os demáis)
En qué fase de estas tres atópase vostede e os que lle rodean: empresarios. inmobiliarias, bancos. Reflexione se pode facelo por favor…