Encontro paralelo á reunion dos ministros de pesca da Unión Europea

Ante a reunión que manterán en Vigo os ministros de pesca da UE os días 4 e 5 de maio, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE / GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, xunto á problemática situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.

Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como confrarías de pesca e representantes do sector marisqueiro locais.

O encontro terá lugar entre o 27 de abril e o último día da reunión ministerial, o 5 de maio. Nel trataranse os problemas que se expoñen no documento de convocatoria que podedes ler aqui, e constará dos actos e accións que se detallan no programa.

As conclusións do encontro serán recollidas nun Documento
que será entregado ós/ás participantes na reunión ministerial.

Para ver o PROGRAMA preme en Ler máis

PROGRAMA

Martes 27, 19:30h :
“Impactos da Pesca de Altura ”
Verdegaia
LUGAR: Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao,
Praza da Princesa n° 7, 2° andar.

Mércores 28, 19:30h:
“A pesca de baixura: Da dorna aos trasmaIIos”.
Confraría de Pescadores de Cangas
LUGAR: Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao,
Praza da Princesa n° 7, 2° andar.

Xoves 29, 20:30h:
“Contribución das mulleres na pervivencia do ecosistema mariño e nos oficios do mar ”Marcha Mundial das Mulleres /Alicia Rodríguez Pérez, mariscadora de Moaña
LUGAR: Caixagalicia. Policarpo Sanz 21.

Venres 30/ 20:30:
“ Depuración e saneamento na ría: A legalidade e loitas veciñais” ARNSV
LUGAR: AVV. Coruxo (Antiga Estación de Coruxo).

Luns 3/19:30h:
“O Plano acuícola: Unha aposta das grandes empresas”
Manoel Santos, Altermundo.
LUGAR:Federación de Asociacións de Veciños Eduardo
Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar.

Martes 4/19:30h:
Mesa redonda. “A pesca a debate: Impactos e perspectivas”
Ecoloxistas en Acción, WWF-Adena, Greenpeace,
Confraría Mar de Lira, Verdegaia,
A Ria Non se Vende, Galiza Non se Vende.
LUGAR:Federación de Asociacións de Veciños Eduardo
Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar.

Organiza: A RIA NON SE VENDE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s