MANIFESTO DE VIGO: A sociedade civil por unha relación sustentable co mar

programa.jpg Reproducimos a continuación o MANIFESTO DE VIGO, onde se recollen as Conclusións do Encontro Paralelo celebrado nesa cidade entre os días 27 de abril e 4 de maio, con motivo da reunión de ministr@s de pesca da Unión Europea.

O Encontro Paralelo á reunión ministerial foi unha iniciativa da Rede A Ría Non se Vende que contou coa participación de distintos colectivos de Galicia e do resto do Estado, con organizacións ecoloxistas estatais e internacionais (Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, WWF Adena, Océana) con movementos sociais, como a Marcha Mundial das Mulleres, así como representantes do sector marisqueiro e confrarías de pesca locais.

O Manifesto, asinado por máis de 70 colectivos, recolle os puntos fundamentais do documento elaborado ao longo do encontro (cuxo contido íntegro podedes ver aquí) que foi entregado por rexistro na Axencia Europea de Pesca, no Ministerio español de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e na Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Para ler o manifesto preme en Ler máis

A sociedade civil por unha relación sustentable co mar:

MANIFESTO DE VIGO

A sociedade civil galega concreta as conclusións do encontro paralelo celebrado ao redor das políticas pesqueiras da UE. Colectivos como A Ría Non se Vende, Galiza Non se Vende, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Marcha Mundial das Mulleres, Salvemos Pontevedra ou Verdegaia, asinan un manifesto no que subliñan a necesidade urxente de abordar un modo radicalmente distinto de relación co medio mariño, onde se teña en conta a contorna natural e a protección ás prácticas pesqueiras tradicionais e sustentables. Numerosas organizacións sociais e ambientais, tanto da sociedade galega, como estatais, recalcan que de seguir así as políticas da UE, o futuro do mar e das súas xentes verase comprometido de maneira irreversible.

Hoxe presentáronse en Vigo as principais conclusións do encontro paralelo sobre pesca organizado pola sociedade civil, que se agruparon ao redor da denominación de Manifesto de Vigo.Neste manifesto, os colectivos asinantes subliñan a súa análise crítica ao redor de eixos diversos:

Máis do 80% dos stocks están sobreexplotados, un 30% deles por baixo do límite de seguridade biolóxica, e as ¾ partes do peixe que se consome na UE procede de importacións. O peixe que se captura en augas europeas pertence, na súa gran maioría, ao estadio xuvenil, e os pescadores apenas poden cubrir os gastos da súa actividade por non poder competir cos produtos importados.

As rías están a ser contaminadas pola escasa depuración de augas que existe en toda a costa galega e a contaminación industrial que existe en varios puntos de Galicia, como as rías de Pontevedra, Vigo e Ferrol.

O Plan de Portos de Galicia, que pretende instalar 19.000 novos amarres en toda a costa galega, ameaza zonas marisqueiras e lugares de importancia para a pesca artesanal e o equilibrio dos ecosistemas costeiros, esenciais para a sustentabilidade do litoral.

A presión da flota europea, e en particular a española, sobre boa parte dos caladoiros mundiais, xera unha industria pirata que abunda nunha cultura neocolonial de expoliación dos recursos pesqueiros dos países menos desenvolvidos.

Por todo iso, a cidadanía, a través do manifesto de Vigo, propón unha serie de alternativas que considera imprescindibles para poder desenvolver unha cultura da sustentabilidade co medio mariño:

1. Necesidade urxente de crear plans de xestión a longo prazo do medio mariño, que teñan en conta elementos tan importantes como a posibilidade de coxestión das flotas pesqueiras artesanais e marisqueiras, un enfoque ecosistémico baseado en argumentos contrastados cientificamente, etc.

2. A creación dunha rede de áreas mariñas, eficaz, dinámica e que teña en conta a todos os axentes implicados na súa creación e sostemento.

3. Acabar coa indefensión do sector pesqueiro artesanal e marisqueiro, ante a destrución da costa e as verteduras ao mar.

Ría de Vigo, 4 de maio 2010

Ler o Documento de Denuncia dirixido aos Ministros de Pesca da UE reunidos en Vigo (Maio 2010)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s