SÁBADO 29 DE MAIO ÁS 11::00h ROTEIRO POLA XUNQUEIRA DO LAGARES

Desde a RNSV (rede formada por máis de 15 colectivos entre os que se atopa a Comisión viciñal de afectados pola depuradora do Lagares) queremos invitaros a tod@s a un roteiro polo humidal da Xunqueira do Lagares, paraxe natural valioso,que leva anos degradándose debido a instalación da depuradora na súa contorna. Hoxe en día está proxectado para o mesmo sitio unha macrodepuradora que lonxe de arranxar os problemas de contaminación da ría de Vigo o que vai facer é amplificalos.A nova macro-EDAR completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais, ocuparía territorio e propiedades de xeito innecesario e inútil, e seguiría afectando á saúde e á calidade de vida dos veciños.

A ampliación e modernización da E.D.A.R. do Lagares xerará un impacto paisaxístico na zona afectada en xeral e xerará un impacto paisaxístico gravísimo no amial dá Carrasqueira xa que este desaparecerá para ser substituído pola nova E.D.A.R.

A zona da Xunqueira do Lagares conta con 5 hábitats de interés comunitario. No propio anteproxecto cítase a importancia destes cinco hábitats en diferentes parágrafos. Nun deles coméntase o seguinte: “Á marxe da flora catalogada, as especies e poboacións de maior interese son aquelas asociadas ás marismas, bosques pantanosos e ambientes doce-acuícolas pola súa relativa escaseza nel contexto xeográfico”. Noutro se incide sobre o mesmo argumento: “Os cinco Hábitats de Interese Comunitario localizados na área de estudo son hábitats escasos no contexto xeográfico rexional, por estar vinculados a ambientes de extensión reducida como son os marismeños, lagunares e pantanosos. Aínda que de todos eles existen mellores representacións na contorna da ría de Vigo, o seu interese é elevado pola súa relativa escaseza”. Estes hábitats sofrerán un grande impacto:

  • Terá un impacto severo coa consecuencia da extinción local do Hábitat de Interese Comunitario e considerado Prioritario denominado Bosques aluviaisAlnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
    En concreto, o bosque aluvial ou amial dá Carrasqueira desaparecerá por completo baixo as obras proxectadas a pesar de posuír a catalogación citada no parágrafo anterior e a pesar de que esta formación vexetal ten unhas características únicas no Concello de Vigo.
    O propio anteproxecto di nun dos seus apartados “El anteproxecto da E.D.A.R. afectará maioritariamente a a unidade de vexetación dos bosques pantanosos” asumindo así os graves danos que se infrinxirán a este valioso hábitat, aínda que tamén cita a súa gran importancia ecolóxica: “Os bosques pantanosos terían maior relevancia pola súa rareza e a súa consideración de Hábitat de Interese Prioritario, e probablemente erixiríanse nas formacións vexetais de maior interese nel área de estudo”.
  • A ampliación e modernización da E.D.A.R. do Lagares afectará ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas e afectará ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Pasteiros de Spartina (Spartinion) e ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Matogueiras halófitos mediterráneas e termoatlánticas e, tamén ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition.
  • Afectará a unha comunidade de aves conformada por máis de 100 especies diferentes entre estivais , invernantes e sedentarias; tamén se verán afectadas once especies de aves presentes na zona afectada e que figuran no Anexo I da Directiva 79/409/CEE, do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres.

Consideramos alarmante e grave que, tanto a Consellería de Medio Ambiente , como a Consellería de Política territorial e o propio concello de Vigo, a pesar da lexislación vixente, consideren o emprazamento actual da EDAR do río Lagares como localización ideal e definitiva da nova depuradora (macrodepuradora) que ten de solucionar o problema de saneamento integral da Ría. O saber que isto significa a destrución total da marisma e por suposto, a comisión con pleno coñecemento de causa de infraccións graves contra a Lei de Costas e contra o Regulamento de Actividades Clasificadas, así como os delitos tipificados no Código Penal contra a ordenación do territorio.

POR TODO ISO E PORQUE É URXENTE DEFENDER UNHA PARAXE ÚNICA NO SUL DO PAÍS COMO É ESTA

ANÍMATE A PARTICIPAR CON NÓS NO ROTEIRO O SÁBADO DÍA 29 DE MAIO

Saída ás 11:00h desde a última ponte do Lagares (fronte ao polideportivo de Samil)

roteirolagares.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s