Sábado 17 Cadea Humana contra a Macrodepuradora de Coruxo

Depuración eficaz SI, Macrodepuradora NON

CADEA HUMANA

¡!!SANEAMENTO EFICAZ SI, MACRODEPURADORA NON!!!

SÁBADO DÍA 17 ÁS 19:00h, diante da depuradora de Coruxo.

Desde a Ría Non se Vende  facemos  un chamamento a tod@s @s compañeir@s das diversas luitas pola defesa do País para que  vos sumedes a esta cadea humana que bordeará o perímetro da depuradora do Lagares como método de luita e denuncia, necesaria, ante a sociedade xa que :

 

  • A situación de contaminación da ría de Vigo é dramática. A inexistencia dunha depuración eficaz está pondo en grave perigo o noso ecosistema máis importante: A Ría, cada día máis contaminada polos vertidos de augas residuais urbanas e refugallos industriais.
  • Dende a Administración non se da importancia e seriedade, a un problema de contaminación tan grave como este, que é sanitario, ambiental e social xa que afecta á saúde das persoas que consumen produtos extraidos da ría ou que se bañan nas súas praias, prexudica a todos os seres vivos que viven nas súas augas e pon en perigo miles de postos de traballo da xente que directa ou indirectamente vive da pesca de baixura ou do marisqueo.

 

 

  • Non queda tempo para máis desfeitas, hai que buscar solucións inmediatas enfocando o saneamento dun xeito serio e responsábel. É prioritario realizar un estudo do saneamento-integral da Ría, involucrando a todos os concellos que verten nela, xa que non é un problema local, afecta a tod@s. Hai que desenvolver plans coordinados e descentralizados

 

para toda a poboación asentada nos distintos núcleos da ría e primar os criterios técnicos, biolóxicos e ambientais por riba de intereses económicos especulativos, intereses políticos partidistas ou lucro económico de funcionarios e políticos corruptos.

 

  • A solución proposta polas Administracións é exclusiva para Vigo e consiste nun aberrante proxecto faraónico: a construción dunha“MACRODEPURADORA” no mesmo emprazamento que a actual, que non só NON sería efectiva senón que amplificaría a problemática actual. Xa que non se contempla separar as augas residuais urbanas das augas das industrias que inutilizan o sistema de depuración, e das augas pluviais que colapsan os tanques. As depuradoras están pensadas para depurar materia orgánica, os produtos químicos e disolventes das industrias as paralizan e inutilizan totalmente.

 

 

  • Esta Macro-EDAR no Lagares completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais como zona humida, ocuparía ilegalmente territorio dentro do dominio público marítimo-terrestre e terían que expropiar as casas e terreos a varias familias da contorna, ademais de seguir estragando a saúde e a calidade de vida da veciñanza.

 

  • De levarse a cabo este proxecto de macrodepuradora sería tirar cos cartos públicos nun proxecto inútil, e o desastre medio ambiental e económico para a nosa terra e o mar sería irreversible.

¡!!SANEAMENTO EFICAZ SI, MACRODEPURADORA NON!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s