Mais de duascentas persoas reuníronse onte nunha cadea humana diante da depuradora de Coruxo denunciando o proxecto da nova macrodepuradora que se quere construir na Xunqueira do Lagares e reivindicando unha dpuración eficaz na ría de Vigo.
A cadea humana rematou nunha manifestación espontánea rodeando a depuradora e coa lectura do seguinte manifesto:
Boas tardes a todas e todos.
Unha vez máis, Estamos aquí como cidadás e cidadáns preocupadas pola grave situación na que se atopa o saneamento da Ría de Vigo e que carga somentes na veciñanza de Coruxo, mentras que dende os Concellos e freguesías colindantes non vemos este problema como propio.
Todas e todos queremos denunciar que esta dramática situación na que se atopa a nosa Ría, débese á irresponsabilidade e incompetencia da clase política e empresarial deste país, que ao apostar polo “deixar facer, deixar pasar” non fan máis que estragar as nosas riquezas naturais e o noso territorio.
A historia do saneamento na Ría pódese resumir en dúas palabras: Contaminación e Corrupción.
Contaminación das súas augas por produtos químicos industriais e augas fecais.
Contaminación por vivir nun país que ve o progreso na industrialización e urbanización descontroladas, sen cuestionar o custo, ecolóxico e económico, que isto ten para nós agora e para as xeracións futuras.
Contaminación que afecta a todos os seres vivos mariños que viven nas súas augas.
Contaminación que intoxica ás persoas que consumen os produtos que se extraen dela.
Contaminación que enferma as persoas que se bañan nas súas praias.
Contaminación que estraga a riqueza pesqueira e marisqueira dun dos ecosistemas mais produtivos do mundo, desmantelando un sector clave da nosa economía.
Corrupción porque dos tres partidos con representación no Concello de Vigo e na Xunta nengún se preocupou por solucionar este grave problema.
Corrupción porque na Ría de Vigo se verten ao mar diariamente millóns de litros de augas sen depurar de zonas urbanas, que custan e pagan como si o foran, pero que non contan cos servizos máis básicos, entre eles o saneamento.
Corrupción por mesturar as aguas sucias das industrias coas residuais urbanas, o que paraliza as depuradoras e envelena o mar.
Corrupción por permitir que a veciñanza do barrio de Coruxo padeza durante 12 anos os fedores, gases tóxicos e ruídos da depuradora.
Corrupción por presentar como única solución unha faraónica Macrodepuradora, feita co noso diñeiro e que tampouco funcionaría e agravaría ainda mais o problema.
Corrupción porque ningunha das depuradoras existentes na ría funciona correctamente.
Corrupción porque se verte todo tipo de lixo á ría.
Corrupción porque se persiguen intereses políticos partidistas nunha situación tan perigosa e grave como esta, en vez de buscar unha solución para o saneamento integral XA¡
Corrupción porque coa Macrodepuradora búscase o lucro económico de persoas e empresas.
Corrupción porque se estraga irreversivelmente un humidal, espazo natural único, de muita importancia ecolóxica.
Corrupción porque se artificializa o medio natural do barrio de Coruxo.
Corrupción porque se expropian as casas e terreos ás persoas que mais padeceron a chapuza da depuradora actual.
Corrupción por cobrar un canon de saneamento, por unha empresa privada, quando non existe nada parecido ao que significa esa palabra.
Corrupción por tirar polo sumidoiro cifras millonarias de cartos públicos en obras inservibeis
En definitiva: Corrución por convertir a ría nunha cloaca.
Os responsabeis desta desfeita nunca se sentaron no banquiño e nunca respostaron pola sua irresponsabilidade, estamos ante un delito de prevaricación, un atentado ambiental e un atentado contra a saúde pública, polo que deberian empezar a pagar polos seus actos, entrementres a nosa ría vai morrendo por culpa destes políticos ignorantes e sen escrúpulos.
Para conseguir unha depuración eficaz e integral é imprescindíbel separar as aguas pluviais, residuais urbanas e industriais e establecer unha rede de pequenas depuradoras por todos os concellos da ría.
A RÍA NON SOPORTA MAIS LIXO
XA É TARDE DE MAIS PARA MIRAR PARA OUTRO LADO
BASTA DE CHAPUZAS
SANEAMENTO INTEGRAL SI, MACRODEURADORA NON