A rede de colectivos “Galiza Non Se Vende” e a Asociación SOS Courel, convídanvos a un roteiro e un magosto reivindicativos.
Só tedes que avisar de cantos/as vides para calcular o viño e as castañas que precisamos, soscourel@mundo-r.com, ou telf. 607225887
PROGRAMA:
- Ata as 11:00 concentración dos participantes do roteiro no desvío de Ferreirós de Arriba, na estrada principal do Courel, a LU -651, entre os quilómetros 27 e 28, a un quilómetro de Ferreirós de Abaixo (Bar Pontón). Pódese aparcar no campo de fútbol que está a 200 metros do desvío.
- O roteiro, comeza as 11:00, ten un percorrido circular de 10 quilómetros, cunha dificultade media baixa, salvo o quilómetro de subida o corno do Pico do Côto que ten algo de pendente, pero teremos moito tempo para chegar por un amplo camiño, mentres os/as heroes/oinas esperan abraiados, no cumio, ollando dende o medio e medio do courel. Logo, paseniño, polo Muimento, iremos baixando cara Ferreirós de Arriba, e despois Ferreirós de Abaixo.
- Será a primeira vez que unha camiñada de lecer chega a esta marabillosa e sorprendente atalaia. Entre o Piapaxaro, Ferreirós, Folgoso e Sobredo.
- Na seguinte foto podemos ver o corno do Pico do Côto, o desvío de Ferreirós(na escombreira) e o Campo de fútbol. Non teñades mágoa, hoxe xa volve estar verde e fermoso!
- Ás 16:30, En Ferreirós de abaixo, preto do bar O Pontón, empezarase a facer o lume e asar as castañas, mentres os