Organiza:Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro
DIA:DOMINGO 20 DE FEBREIRO DO 2011
LUGAR: PARQUE FORESTAL DO GALIÑEIRO
HORA: 10:30 DA MAÑÁ
TEMPO ESTIMADO:2,50 HORAS
Os Montañeiros Celtas e o clube Peña Trevinca, organizan un paseo por un antigo camiño, hoxe pista forestal, que rodea a Serra do Galiñeiro. Esperamos un grande número de asistentes. Queremos trasmitir á opinión publica que, ante os grandes valores da Serra do Galiñeiro, e ante as ameazas de degradación que penden sobre ela, unha gran maioria dos veciños dos 5 municipios que rodean a Serra (GONDOMAR, VIGO, MOS, PORRIÑO E TUI) queremos solicitar a súa clasificación como como ESPAZO NATURAL PROTEXIDO. Polo tanto, rexeitamos a instalación do PARQUE EÓLICO Previsto na Serra a do Galiñeiro, debido ás graves consecuencias que tería sobre este espazo:
- IMPACTO SOBRE A CONFIGURACIÓN XEOMORFOLÓXICA DA SERRA.
- FRAGMENTACIÓN DO TERRITORIO, DEGRADACIÓN DO SOLO E DESNATURALIZACIÓN DO LUGAR CAUSADAS POLAS PISTAS DE ACCESO PARA OS TRAILERS DE TRANSPORTE, E POLAS TRINCHEIRAS DE SOTERRAMENTO DAS LIÑAS ELÉCTRICAS.
- IMPACTO SOBRE OS ECOSISTEMAS, A FAUNA E A FLORA.
- IMPACTO SOBRE O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO.
- IMPACTO SOBRE OS ELEMENTOS DO TERRITORIO RELACIONADOS CO PATRIMONIDO INMATERIAL.
- IMPACTO PAISAXÍSTICO: MUÍÑOS DE 150-160 m DE ALTURA NUNHA SERRA CUXA CORDA SUPERIOR
(A PARTE MÁIS VERTICAL E ESPECTACULAR, POR RIBA DA LIÑA DE ÁRBORES) TEN MENOS DE 200 m.
- IMPACTO ACÚSTICO.
- DESPOSUIMENTO E PRIVATIZACIÓN DE FACTO DO MONTE COMUNAL.
- DEGRADACIÓN DAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO APROVEITAMENTO SUSTENTABLE E RENDIBLE DO MONTE, E QUE MANTEÑEN VIVA A IDENTIDADE DO RURAL.
- DEGRADACIÓN DO VALOR MÍTICO E FILOXENÉTICO QUE TEN ESTE ESPAZO NATURAL E CULTURAL SENLLEIRO NO IMAXINARIO COLECTIVO.
Chegaremos ao vertice geodésico do Galiñeiro, faremos unha foto con pancarta de protesta e volveremos ao punto do partida en que se remate a marcha, a organización e o bo funcionamento desta actividade correra a cargo dos socios do club Montañeiros Celtas e do Club Pena Trevinca, espérase terminar entre as 13:30 – 14:00.
Non é necesario incribirse previamente. Haberá un servicio de organización de estacionamento. Con todo, quen leve coche é preferible que o deixe lonxe da zona de Saída da andaina para evitar acumulación de vehiculos.