A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende convoca unha marcha manifestación para este domingo 27 de Febreiro, que sairáás 12:00 da rotonda das áncoras de Bouzas e rematará na Laxe, onde se celebrará un xuízo popular contra @s responsábeis da Autoridade Portuaria de Vigo por estragar a nosa ría.
As reivindicacións desta marcha son as seguintes:
-Que se suspendan todos os recheios que se están executando na actualidade como o do Areal, ou están en proxecto, como o de Bouzas.
-Que se derruben todas as edificacións construidas en solo portuario e que non teñen relación directa cos traballos do porto, como: centros comerciais, restaurantes, oficinas administrativas, campos de futbol, salas de exposicións, almacéns de coches, naves de todo tipo de industrias e empresas espalladas polo porto.
-Que se levanten todos os recheios que non se utilizan exclusivamente para actividade portuaria.
-Que se recuperen as praias e bancos marisqueiros aterrados polos recheos.
-Que se derruben os portos deportivos construidos ilegalmente como o de Punta lagoa en Teis.
-Que se suspendan todos os proxectos de portos deportivos como o de Massó en Cangas.
-Que se retiren todos os valados portuarios e que a cidadanía poida acceder libremente ao litoral.
-E que o porto se adique exclusivamente ás actividades portuarias e non á construcción nin à especulación urbanística.