CORINA PORRO E LUIS LARA FORON DECLARADOS CULPÁBEIS NUN XUÍZO POPULAR POR DEGRADAR A RÍA

Xuizo contra Corina Porro e Luis LaraXuízo popular celebrado ao remate da marcha contra os recheos o domingo 27 de Febreiro.

Xuiza: Ábrese a sesión xudicial popular do proceso sobre a degradación da ría de Vigo.

Acuden como demandantes: A rede colectivos sociais “A Ría Non Se Vende” e como demandados @s actuais responsabeis da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro Martinez e Luis Lara Rubido, presidenta e director respectivamente.

Que pasen a acusada e o acusado!.

 

Xuiza: Damos paso a acusación popular para que exponha os seus motivos de denuncia:

Acusación popular: A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” acusa a todos os responsabeis que pasaron pola Autoridade Portuaria de Vigo e en concreto os actuais: Corina Porro Martinez e Luis Lara Rubido, como culpábeis de varios delitos, ambientais, paisaxisticos, de prevaricación e administrativos, que son os que seguen:

1- Realizar recheos na ría de Vigo aterrando praias e bancos marisqueiros, perxudicando gravisimamente as condicións ambientais do medio mariño, alterando a dinámica de correntes e contaminando as aguas. Algúns incluso en zonas protexidas incluidas na Rede Natura.

2- Levantar polígonos industriais en espazo portuario con empresas alleas a actividade portuaria.

3- Especular co terreo gañado ao mar, para construir edificacións de todo tipo que nunca deberian estar nun porto como edificios administrativos, centros comerciais, salas de exposicións, campos de futbol, polideportivos, cafeterias, restaurantes…

4- Fomentar a construcción de portos deportivos, espallados por toda a ría.

5- Non tramitar un Plano de Usos, obligatorio desde o ano 1992, para non ter ningún tipo de regulación das suas actividades.

6- Usurpar o direito da cidadania ao o acceso e desfrute do litoral.

7- Afectar negativamente á economia local estragando os bancos marisqueiros e a pesca de baixura.

8- Prevaricar constantemente, xa que violan varias leis a sabendas.

9- Priorizar sempre os intereses das grandes empresas sobre o medio ambiente e a cidadanía.

10- Utilizar cartos públicos para intereses electorais e empresariais.

Xuiza: Damos paso á Defensa da demandada e do demandado:

Avogado: Coa venia Sra. Xuiza. Estas acusacións son totalmente falsas, e inadecuadas. O Porto de Vigo é o primeiro en cumplir a lei e para demostralo cedo a palabra á miña defendida Corina Porro Martinez para que exponga a sua visión dos feitos:

Corina Porro: Si, es cierto que en el puerto se hacen rellenos, pero son pequeñitos, tan solo tres millones de metros cuadrados, que comparados con la dimensión del universo son una mingurria.

El puerto tiene el mayor respeto por el medio ambiente, e incluso lo mejora, sin ir mas lejos en el relleno del Areal estamos confinando la contaminación que nosotros mismos provocamos, lo que es una mejoría enorme.

Además estamos humanizando las esplanadas portuarias con la plantación de flores y plantas ornamentales. Y que mas muestra de amor a la naturaleza, que las esculturas de peces y animalitos marinos colocadas en el nuevo paseo de Bouzas?

Durante los años en que recibí formación como enfermera me di cuenta que el puerto necesitaba a alguien como yo, que sepa hacer las cosas bien, que tenga un meticuloso respeto por el medio ambiente y la legalidad vigente.

Todas estas acusaciones son malintencionadas como bien lo demuestran los prestigiosos e imparciales medios de comunicación vigueses. A ver, cuando salió alguna de estas acusaciones en El Faro de Vigo o en el Atlantico Diario o en la Voz de Galicia?. Nunca, verdad? pués será que todo lo hacemos bien no?.

Si hasta ahora no tenemos un Plan de Usos es porque queremos hacer una virguería y nunca nos llega el tiempo. Es eso un delito, querer hacer las cosas perfectas?. 19 años es poco tiempo para un documento de estas características.

El Puerto de Vigo es capaz de conseguir cosas insólitas, como que barrios como Teis o Bouzas crezcan ilimitadamente, eso es grandioso y debemos estar orgullosos de ello.

La ría es muy grande, no pasa nada.

Avogado: Coa venia Sra. Xuiza. Como ven o Porto de Vigo non só cumple a lei escrupulosamente, senon que mellora o medio ambiente. Cedo a palabra ao que durante muitos anos foi, e ainda é, director do Porto de Vigo: Luis Lara Rubido, responsabel de moitas das obras realizadas polo porto e un experto en temas portuarios e inmobiliarios.

Luis Lara: Estas falsas acusaciones provienen de un pequeño grupusculo de jovenes y jubilados ociosos, que no tienen outra cosa que hacer que oponerse al progreso y al crecimiento sostenible da la ciudad y demas villas de la ría.

Nos acusan de que el Puerto destrozó el litoral de la ciudad, cuando hace aún pocos años en lugares como Bouzas, Teis, Rande, Redondela, Moaña o Cangas andaban descalzos recogiendo almejas por la playa, mientras que ahora, gracias a nosotros, pueden andar con zapatos por los hermosos paseos portuarios que les hemos construido para que puedan disfrutar del aire marino. De andar casi a pedir por las puertas, hoy muchos ciudadanos tienen un presente brillante y un futuro próspero y en tierra firme, sin los peligros del duro trabajo en el mar.

La ciudadanía siempre fué objeto de consideración por parte de nuestra institución, y eso es inegable, siempre les dimos lo que quisieron, paseos y puentes de hormigón, anchas vias de doble carril, potentes farolas, alcantarillado, tuneles, puertos deportivos, que más quieren?

Nos acusan de deteriorar y despersonalizar el paisaje de la ría, cuando en realidad el puerto lo mejora enormemente, porque no hay cosa más hermosa que ver un Puerto en pleno funcionamiento y en harmonía con el entorno, un puerto integrado con el mar y con la ciudad, eso si que es belleza, la de una ciudad industrial que marcha bien, productiva, en la que hay abundancia y tambien, porque no, que crece en exensión.

Nos acusan de no cuidar el medio ambiente y de perjudicar la pesca y el marisqueo… bobadas. Si no fuera por el Puerto, el litoral estaría lleno de playas sucias, llenas de algas, peces muertos y desperdicios en las que no sobreviviría almeja alguna. Quién sino tiene más respeto por el medio ambiente que el Puerto? Nunca la ría estuvo tan limpia y ordenada como ahora
y todo gracias a quien? A nosotros.

Ademas el marisqueo siempre se fomenta, a lo grande, en las numerosas comidas de los directivos desta institución y en todas las recepciones que organizamos.

El puerto es progreso, riqueza y también belleza. Los puestos de trabajo que crea el puerto, son dignos, en los que no hay que andar descalzos, con el agua por las rodillas, ni estar pasando frio durante horas en una lanchita.

A quien no le gusta recibir todos los meses su generosa nómina, tener sus ahorrillos en el banco, poder comprarse una casa, un vehiculo y comer caliente todos los dias?


Pués parece que hay un grupo de perezosos que no les basta con no dar golpe, sino que se empeñan en desprestigiar instituciones tan honorables como la nuestra.

A donde nos quieren llevar estos holgazanes, ¿A la edad media? ¿Puede que sea muy romántico andar desnudos y sin cultura, pasarse horas en la playa papando moscas o chapoteando en la orilla, pero estamos en el siglo ventiuno y, o nos adaptamos a nuestro tiempo o caeremos en la más paupérrima miseria.

El Puerto es una loteria que nos ha tocado a Vigo y a todos los municipios de la ría, por lo que debemos cuidarlo, quererlo y darle algún caprichito de vez en cuando. Y dejarlo crecer y crecer hasta que se desarrolle plenamente, sin ponerle impedimentos, como si fuera un hijo. Y el nos devolverá con creces ese cariño que tan desinteresadamente le damos.


Avogado: Coa venia Sra. Xuiza. Como poideron escoitar, ademais, o porto é o responsabel do progreso sostibel do que todos desfrutamos. Unha bendición para Vigo e demas municipios da ría.

Xuiza: Ten a sua palabra a acusación popular.

Acusación popular: O progreso que crea o Porto é exclusivo para uns poucos empresarios a costa de empobrecer ao resto da cidadanía, os grandes beneficios dos que presume son ficticios, xa que si cuantificaran todo o que destruiron durante as últimas décadas o saldo sería un fiasco. Porque en canto podemos cuantificar o valor dun banco mairsqueiro, o valor da biodiversidade, o valor dos habitats marinhos, o valor dunha praia, o valor dunha paisaxe ou o valor dunha posta de sol? Como se pode compensar polo dano infrinxido a todos os seres vivos mariños polas obras de recheo?

Muitos son os estragos que fixo o porto ao longo destos anos e que sigue a facer na actualidade, se tiveran que pagar estas desfeitas non lles chegaria con todos os cartos que produciron nos seus especulativos negocios.

Para facer funcionar o porto dun xeito eficiente bastaría com una mínima parte do que teñen recheado. Para que siguen recheando mais, se o espacio portuario se utiliza para fines que non teñen nada que ver co porto? Como centros comerciais, e todo tipo de edificacións?

Ao porto nunca lles chega co terreo que teñen porque o utilizan como negocio especulativo, adicanse a crear terreo para concede-lo a empresas por grandes cantidades de diñeiro. O porto é a tapadeira dunha enorme e rendosa axencia inmobiliaria, xa que esta é unha das suas principais fontes de ingresos.

Avogado: Coa venia Sra. Xuiza. Si que se tiveron que aterrar praias, mais foi para beneficio común de todos os vigueses, ademas Vigo ten muitas praias e senon chegan, pois se constrúeunha ponte sobre a Ría e vamos a Cangas, ou unha autovía ou o que sexa. O formigón é progreso. E Todo esto é legal porque nos apoian os gobernos da Xunta e do Estado, que son os que fan as leis.

O enriquecimento duns poucos crea postos de traballo ao resto, precisamos crear ricos para manter aos pobres, ainda que sexa a costa de cartos públicos.

Non é ilegal alugar espazo portuario eso é riqueza e prosperidade, eses cartos se reinvirten en máis obras portuarias.

Acusació popular: Eso é o problema, especulan co terreno portuario para sacar cartos cos que rechear mais para obter mais terreno co que seguir especulando sen que haxa ningunha necesidade nin xustificación, tendo a actividade constructora como unha finalidade en si mesma. Así nunca lles chegará co espazo de que dispoñen, a sua cobiza devoradora sempre querrá máis.

Mentras a Ría de Vigo, un dos ecosistemas mais ricos do mundo cunha productividade elevadísima que manten directa e indirectamente muitos postos de traballo, vai-se contaminando e degradando a uns níveis escandalosos.

Entre os estragos que fai o porto de Vigo, e a falta de depuración das aguas residuais urbanas, a clase política esta levando á ría polo camiño da morte segura, e se morre a ría será a ruína para todos e todas os que vivimos nos municipios costeiros. E esto ten responsabeis como Corina Porro e Luis Lara, que están hoxe sentados no banquiño.

É a obriga de toda a cidadanía de evitar que esto continue, de parar-lhe os pés a esta gente sen escrúpulos, que só pensa en encher os seus petos de cartos, ainda que provoquen efeitos nefastos na para a ría.

Avogado: Coa venia Sra. Xuiza. O porto de Vigo é moi respetuoso coa ría, encarga sempre estudos de impacto ambiental, ten muitos feitos, de todo tipo, por eso non hai problema, mais tampoco se lle pode facer caso a todos eh!… Algúns teñen razón e outros son meras especulacións sobre posibeis impactos sen importancia.

Tamén o Porto ten preocupacións sociais e se desvive por fazer portos deportivos para achegar os deportes nauticos á cidadanía, calquera persoa hoxe en dia, pode comprarse un velero y un amarre y darse paseos disfrutando da ría, isosempre foi ocompromiso social do Porto.

Acusación popular: Os portos deportivos os desfrutan unha minoría, e nen se quera isso, porque a maioria das embarcacións nunca saen a navegar. Compran as embarcacións para fardar cos amigos un día ao ano e as teñen paradas o resto. O porto adicase avender amarres porque é outro rendabel negocio especulativo baseado en vender o que é de todos para encher os petos uns poucos.

Avogado: Coa venia Sra. Xuiza. Ustedes protestan por todo, hasta polos valados do porto que se levantan para protexer a cidadanía de posíbeis accidentes ou caídas ao mar.

En canto á pesca de baixura e o marisqueo, o porto de Vigo sempre se preocupou de que estas actividades fosen rendábeis, incluso organiza, todos ao anos, feiras gastronómicas para fomentalas.

Acusación popular: Ustedes usurpan o dereito da cidadanía ao acceso e desfrute do litoral, as suas construcións, obras e balados pechan totalmente Vigo ao mar. A ria de Vigo é património colectivo para uso e disfrute de todas e todos os cidadáns mais cada vez temos o acesso mais restrinxido. Onde hoxe hai valados e formigón, antes había praias.

O Porto preocúpase da pesca e o marisqueo nas comilonas que organizan, e porque cobra por usar os peiraos, máis non lle preocupa en absoluto que a ría se deteriore e que cada vez haxa menos peixes e moluscos.

Avogado: Coa venia Sra. Xuiza. Acusan aos meus defendidos de non realizar un Plano de Usos cando son os máis interesados en telo e poder seguir facendo obras, tan necesarias para esta institución.

Acusación popular: O Plano de Usos tiña que estar feito hai 19 anos, se ainda non se fixo foi porque non conviña no Porto.

Corina Porro realiza obras no porto que teñen como única finalidade o seu salto á alcaldia, polo que unha vez máis estanse a utlizar cartos públicos e incluso institucións, para intereses persoais e de partido.

Ademais todo esto supón estar cometendo un delito de prevariación de xeito continuado, xa que vostedes saben que o que fan é ilegal, como continuamente llo están a lembrar desde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende”.

Xuiza: Vaian rematando, teñen o último turno de palabra:

Avogado: Coa venia Sra. Xuiza. Os meus defendidos son persoas intachabeis que basean todo o seu traballo na mellora da productividade deste motor económico que é o Porto, para o gozo e desfrute de todos ustedes. Non só non son culpabeis de ningún delito, senon que deberían ser condecorados polo seu esforzo desinteresado, por ter a osadia de levar o porto e a cidade, e mesmo a ría ao seu máximo explendor e porque superon desafiar todo tipo de travas con orgullo e xenerosidade superando inmensos desafios como persoas de vangarda que son.

Acusación popular: É inadmissível que a propaganda da Autoridade Portuaria e a desinformación dos medios de comunicación intenten utilizar o concepto de “progreso” e “desenvolvimento económico” como argumento redentor desta barbaridade aterradora, que se insinue que o dano que se causa é o mínimo sacrifício pola criaçom de abondante riqueza e postos de trabalho. Estos argumentos nos que levan insistindo, décadas só nos poden levar a un futuro de miséria, contaminación e destrución.

Os directivos da Autoridade Portuaria priorizan unha explotación irrazonabel, e depredadora do noso entorno, desprezando totalmente a diversidade de aproveitamentos dos recursos naturais que a Ría ofrece. O único que lles preocupa é perpetuarse no poder, satisfazer a sua vaidade, e sacar as máximas ganancias posíbeis, con obras que non teñen ningún interese para o pobo. Confundem os intereses das grandes empresas cos da cidadanía, están enfermos de indignidade.

A degradación do medio ambiente e da nosa riqueza paisaxística, é degradación tamén da nosa identidade.

Xuiza: Unha vez escuitado as partes, consideramos como feitos provados, dun xeito obvio, que a Autoridade Portuaria realizou infinitos recheos, muitos sen xustificación nen planeamento e como demostran os informes de institucións como o Instituto de Investigacións Mariñas o Instituto Oceanográfico ou a Universidade de Vigo, estos recheos perxudicaron gravemente o medio ambiente mariño, provocando tamén perdas económicas nos sectores extractivos da ría.

Tambén son feitos provados o deterioro da paisaxe da ría polos recheos portuarios, cousa que non se lle escapa a ninguén.

Tamén é constatabel a cantidade de edificacións que se fixeron en terreos creados polo porto e que non teñen realación algunha coa actividade portuaria, o que é ilegal segundo a lei de costas.

E é de todas e todos coñecido que o porto de Vigo leva 19 anos sen cumplir coa legalidade vixente por carecer de Plano de Usos, como esixe a lei de portos.

Tras estas aclaracións é o pobo quen ten que emitir o beredicto e convido a todos e todas as presentes a que resposten a esta pegunta:

Os responsabeis da Autoridade Portuaria de Vigo Corina Porro Martinez e Luis Lara Rubido son culpábeis ou Inocentes?

Pobo: CULPAAAAAABEEEEIIIIISSSSS

Xuiza: Pola minha autoridade, otorgada polo pobo, emito a seguinte sentencia:

Condeno á Autoridade Portuaria de Vigo a:

1- Suspender todos os recheios que se están executando na actualidade ou están en proxecto, como o do Areal, ou o de Bouzas…

2- Levantar todos os recheios que non se utilizan exclusivamente para actividade portuaria.

3- Derribar todas as edificacións construidas no porto e que non teñen relación directa cos traballos portuarios, como: Centro Comercial A Laxe, Oficinas da Xunta, Campo de futbol de Bouzas, Oficinas e sala de exposicións da Zona Franca, aparcadoiro-almacén de coches incluidos os silos de Bouzas, naves de todo tipo de industrias e empresas esparcidas polo porto.

4- Recuperar as praias e bancos mariñeiros aterrados polos recheos.

5- Levantar os portos deportivos construidos ilegalmente ou mediante cacicadas, como o de Punta lagoa en Teis.

6- Suspender todos os proxectos de portos deportivos como o de Massó en Cangas.

7- Retirar todas os valados portuarios e que a cidadanía poda acceder libremente ao litoral.

8- Que o porto se adique exclusivamente ás actividades portuárias e non á construcción nin à especulación.

E condeno a Corina Porro Martinez e a Luis Lara Rubido á inabilitación para cargo público durante toda a sua vida e a traballar como peóns nas obras de levantamento dos recheos, até a sua idade de xubilación.

Sen máis, pechase a sesión

Pobo: DELINCUENTAAAAAA, DESGRACIADOOOO, MAFIOSOOOOS…..

Xuiza:Os peixes e moluscos da Ría, xunto cos cefalópodos e demais seres vivos agradecen a todas e a todos a asistencia a este acto.

SAÚDE E MAR PARA TODAS E TODOS

GOBERNE QUEN GOBERNE A RÍA NON SE VENDE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s