A RÍA NON SE VENDE SOLIDARÍZASE COS COMPAÑEIROS PROCESADOS POR DEFENDER A NOSA LINGUA

A Lingua Non Se VendeA rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” solidarízase cos compañeiros Aurelio Lopez e Iusa Prado procesados xudicialmente polo simple feito de ter participado nunha concentración pacífica en defensa da nosa lingua. O fiscal , incomprensibelmente, píde penas que suman máis de oito anos de cadea, acusandoos de agresión contra a autoridade, cando na realidade foi a policia quen disolveu o acto cunha violencia irracional e esaxeradamente desproporcionada, aporreando aos compañeiros procesados.

Denunciamos este modelo de sociedade que exerce a represión indiscriminada contra os movementos sociais, baseada na violencia policial, nas sancións económicas, nas prisóns e na criminalización dos colectivos e persoas discrepantes coa política dos gobernos da Xunta e do Estado.

Con represión ou sen ela, as galegas e galegos vamos seguir defendendo o noso idioma, o noso patrimonio cultural identitario e o noso medio natural, e os preservaremos para as xeracións vindeiras, polo menos, nas mesmas condicións que nos chegaron a nós. Non imos consentir ningunha agresión máis á nosa lingua, igual que non consentiremos a destrución nin a privatización do noso territorio nin do noso mar, por muito que intenten silenciarnos ou criminalizarnos.

Advertisements

A RIQUEZA DA RÍA ESTRAGADA POLA IRRACIONALIDADE PORTUARIA

11-agosto-2010-10-28-00-mariscadores-gallegos_detalle_media.jpg

Os recheos realizados polo porto na Ría de Vigo, nas últimas décadas, afectaron, até a acabar con eles, a muitos bancos marisqueiros, uns foron directamente sepultados, outros estragados ao cambiar a dinámica de correntes e outros envelenados pola actividade portuaria.

Para frear esta barbarie depredadora a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” convoca a II Marcha contra os recheos que terá lugar o 27 de Febreiro, saíndo desde Bouzas e rematando na Laxe, onde se celebrará un xuízo popular aos responsábeis da Autoridade Portuaria de Vigo.

Os bancos marisqueiros desaparecidos son, segundo informa un vello mariñeiro:

  • Bouzas “o maior banco marisqueiro do mundo” sepultado polo recheo. Producía Ameixa Babosa branca, e Ameixa babosa roxa pola parte de fora. Era unha ameixa especial. Perto da praia da Igrexa, hoxe tamén sepultada en gran parte, había moita “margarita” (Torallesa para os de Cesantes porque tamén había moita debaixo da ponte na parte de terra). Na zona da praia collíase moito moelo e burros. Tamén había un banco de ostras moi produtivo. Era o rei dos bancos marisqueiros en calidade e cantidade. Ía dende onde cargan os mercantes os coches polo Este ata pasados o farol de Cabo de Mar.

Segundo dados do Instituto de Investigacións Mariñas no ano 1967 a totalidade da zona do banco de Bouzas producía unhas 940 Tm. de ameixa. No ano 1985 a produción cifrouse en 10-15 Tm. No ano 1986 foi só de 1 Tm.

  • Barreras-Ardán. Dentro dos molles. Esta debía ser unha parte antiga do banco marisqueiro de Bouzas que ao facer o molle quedou dentro e ata avanzados os anos 80 daba ameixa babosa branca. O Ardán era unha pedra ría adentro que aínda nos 70 tiña unha sinal de ferro para que os barcos non encaiaran. Daba moita ameixa babosa branca ate que “o lodo a e merda” o taparon.
  • Molle de Transatlánticos. Nos anos 70 aínda se traballaba a “roxa” cando non viñan mercantes. E dentro, onde atracan os barcos de pasaxe de Cangas e Moaña (O Tubito) tamén se mariscaban as ameixas babosas brancas (con certo sabor a gasoil).
  • Molle do Areal. Había ameixa roxa.
  • A Punta-A Farola e cara Vulcano. No areeiro da Punta daba moito croque (berberecho). A Farola-A Punta, zona de moitísima ameixa babosa branca. A Farola- Vulcano, por fora, moitísima ameixa roxa. As Ameixas babosa branca e roxa eran moi boas, máis nunca coma as de Bouzas. Moi bo banco ata que os desguaces, nos 80, acabaron con todo. Os produtos químicos que usaban no final dos cascos foi mortal. Seguir lendo