A RÍA NON SE VENDE APOIA A MANIFESTACIÓN CONTRA A “LEI DE AGUAS DE GALICIA”

Contra a Lei de Aguas de GaliciaMANIFESTACIÓN CONTRA A “LEI DE AGUAS DE GALICIA”

Este domingo dia 20 de Marzo ás 12:00 na Alameda de Compostela. Convoca a Plataforma contra a Lei de Aguas.

A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” apoia esta mobilización e está a organizar un autobús, xunto coa Marcha Mundial de Mulleres que sairá de Vigo ás 10:00 da Praça dos Cabalos. As persoas que esteades interesadas en ir con nós debedes apuntarvos no Centro Social A Revolta, rua real nº 32.

A “Lei de Augas de Galicia”, supón o apropiamento e a privatización de todas as augas do país, fixando un prezo a auga, un canon a maiores do prezo do subministro e do canón de vertido. Todas as augas sexan de subministro público ou veciñal, da superficie ou do subsolo, nazan en finca pública ou privada, incluso a da chuvia, de aproveitarse, haberá que pagar un prezo.

A lei traspasa todas as competencias en materia de augas que ten Galiza a unha empresa: “Augas de Galicia” que funciona segundo o dereito privado e é xuridicamente unha S.A.,que funciona segundo as leis do libre comercio. O que convirte a esta empresa na “administración única e ordinaria da política de augas en Galicia, dándolle todas as competencias que nesta materia lle corresponde á Administración da Comunidade Autónoma”.

Á vista dos planos do FMI e o Banco Mundial, que se están a aplicar en cada vez máis lugares de Europa provocando unha histórica recesión dos dereitos sociais adquiridos durante as últimas décadas, a Lei de Augas senta as bases para a transferencia futura do “capital auga” a calquera transnacional, coa máis que posíbel privatización de Augas de Galicia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s