28-30 de Outubro Xornadas sobre o Aproveitamento multifuncional dos montes veciñais

O movemento social “Pola protección da serra do Galiñeiro” organiza os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro unhas xornadas co tema “Aproveitamento multifuncional dos Montes Veciñais” que terán lugar no Centro Cultural de Vincios (Gondomar).

A serra do Galiñeiro, lugar senlleiro e de gran significado nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e o Morrazo é quen de acoller, unha vez máis, unha actividade social aberta ao público en xeral, a técnicos forestais e a comunidades de montes.

Dende esta plataforma consideramos que o esforzo adicado nos últimos decenios á explotación do monte unicamente para a obtención de madeiras de rápido crecemento causou o empobrecemento dos solos e unha perda alarmante da súa diversidade biolóxica. Son imprescindibles, entón, as iniciativas que tendan á recuperación ambiental e á posta en valor dende unha diversificación da produción.

As visitas guiadas dos días 28 e 30 son unha oportunidade para amosarnos diversos traballos que neste eido se están a desenvolver nesta serra; e o día 29, á tardiña, asistiremos á presentación de tres ponencias e a unha mesa redonda para achegármonos a outro modelo de xestión dos nosos montes.

 Co ánimo, pois, de seguir difundindo os valores naturais, culturais, sociais e económicos da serra do Galiñeiro, convidamos á Comunidade Educativa a participar nestas xornadas.

 Para máis información podedes visitar os nosos enderezos electrónicos:

www.serradogalinheiro.org,

www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s