Monte Pindo Parque Natural XA!

Dende a rede A Ría Non se Vende, integrada en Galiza Non Se Vende, unímonos á proposta Monte Pindo Parque Natural, e ofrecémos a nosa axuda na medida en que nos sexa posible.

Estamos firmemente convencidos de que o Monte Pindo merece e debe ser proclamado Parque Natural. Os fundamentos principais que avalan a nosa convicción son os seguintes:

  1. O Monte Pindo é un dos montes máis míticos e coñecidos da Costa da Morte e tamén de Galicia, polas súas raras calidades xeolóxicas, pola presenza de abondosas especies naturais protexidas e únicas, polos mitos e a historia que o rodean, e por ser un dos principais recursos de futuro non só do seu entorno inmediato senón de toda a zona.
  2. No Monte Pindo conxúgase unha privilexiada posición xeográfica, un cumio de 627 metros situado xusto a rentes do mar e encadrado pola praia de Carnota (a máis longa de Galicia) ao sur e pola Fervenza do Ézaro (a única de Europa que cae sobre o mar, desgrazadamente anulada por un encoro) ao norte.
  3. Na actualidade o Monte Pindo e o seu entorno natural está abandonado e abocado ao progresivo deterioro. As ameazas (incendios, vandalismo, campismo agresivo, incursións en vehículos motorizados…) medran cada día, polo que se fai apremiante actuar sen perder máis tempo.
  4. A declaración do Parque Natural artellaría mecanismos para, desde o consenso social de todos os sectores, estudar os seus problemas e atopar solucións.
  5. A declaración do Parque Natural xeraría por si mesmo un número de postos de traballo.
  6. A declaración do Parque Natural suporía a dotación dunha partida presupostaria específica, o que non se da con outras figuras de protección.
  7. A declaración do Parque Natural incrementaría a prioridade presupostaria de toda a área de influencia do futuro parque, incluso a nivel de investimentos non estrictamente ligados ao medio ambiente.
  8. A declaración do Parque Natural abriría múltiples posibilidades de revitalizar a produción non industrial (mar, agro, madeira, artesanía, etc…) de toda a zona, podendo incluso crearse un “selo de calidade” que suporía un valor engadido para os produtos de toda a área de influencia.
  9. A do Parque Natural é unha “marca” moi prestixiosa e xera por si mesmo unha afluencia de “turismo verde”, o que conlevará un forte impacto de visitantes “de calidade” que sen dúbida incidirá no sectores turístico, hostaleiro e comercial de toda a zona
  10. Todo o anterior, unido á proximidade do Cabo Fisterra, de Monte Louro… pode impulsar dun xeito definitivo o bo nome da Costa da Morte como referencia dun turismo de calidade nacional ou mesmo internacional.

Por todo isto, entendemos que o Monte Pindo reúne todas as calidades necesarias para ser nomeado o 1º parque natural da Costa da Morte e o 7º de Galicia, e asi no-lo confirmaron todas as voces autorizadas que se levan pronunciado ao respecto.
Mais, se ben a razón parece estar da nosa parte, sabemos que nada nos vai vir dado, e que a nosa é unha carreira de fondo na que imos precisar o empuxe de todas e todos aqueles que aman o Monte Pindo e quixeran velo coidado, protexido, e coas súas potencialidades desenvolvidas dun xeito substentable e beneficioso non só para o medio natural senon para o noso territorio e os seus habitantes.

Rogámosvos por tanto o teu apoio sexa asociándote ou colaborando con nós, ou da entidade social, cultural, deportiva… na que participes, da túa empresa, ou con calquera idea, proxecto ou iniciativa que poida axudarnos a seguir divulgando os valores e os problemas do Monte Pindo, para podermos continuar defendendo con máis forza cada vez esta iniciativa non só polo ben do medio ambiente senón tamén para os veciños, os axentes sociais e económicos e moi especialmente para as xeracións vindeiras.

Máis información na nosa páxina: http://www.montepindo.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s