Presentadas alegacións ó Plan de Areas Empresariais de Galicia

A Rede de colectivos A Ría Non Se Vende ven de presentar alegacións ó proxecto de Plan Sectorial de Ordenación das Areas Empresariais de Galicia.

Apoia e recolle a alegación presentada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitando a retirada do parque empresarial Marín-Moaña e da plataforma loxística Marín-Pontevedra, e a amplía, pedindo tamén a exclusión do proxecto de ampliación do parque empresarial Bueu-Castiñeiras.

Alégase a falla de xustificación dunha demanda real de solo industrial, como teñen recoñecido tanto Xunta como Xestur; que non se ten en conta a importancia fundamental dos Montes do Morrazo, como espazo natural valioso en si mesmo e como corredor ecolóxico, conectando áreas costeiras como a da Costa da Vela e Cabo Udra cos espazos interiores das terras de Pontevedra; e que o plan está deseñado segundo un modelo de desenvolvemento especulativo e insustentable.

Xa nas alegacións concretas aos proxectos do Plan para o Morrazo, detállanse os impactos que produciría na natureza e na paisaxe, nos nacementos dos ríos, nas zonas de captación de augas, nos núcleos rurais, nas importantes areas patrimoniais e arqueolóxicas da zona, nas especies en perigo de extinción e nos propios recursos marisqueiros, pesqueiros, paisaxísticos e turísticos das rías.

Hai que salientar a figura de protección do espazo natural Montes do Morrazo, actualmente solo rústico  de protección de espazos naturais, que imposibilitaría calquera edificación no seu ámbito, e ínstase a respectar esa figura e o espazo sexa incluído na prevista ampliación da Rede Natura 2000.

Tamén se apoia a proposta de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que se situaría entre os concellos de Marin, Pontevedra e Vilaboa, nunha zona extraordinariamente rica en xacementos arqueolóxicos e elementos patrimoniais afectada polo plan.

E reclámase un plan axustado á realidade, baseado no decrecemento de produción e de consumo, na autosuficiencia e na eficiencia e o aforro enerxético. Hai que utilizar os espazos actualmente existentes, apostando por areas municipais máis pequenas, e por unha industria de escala máis humana e respectuosa co medio.

A Ría Non Se Vende

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s