Comunicado no Día Mundial Da Bicicleta

NON A PENALIZACIÓN DO USO DA BICICLETA NA CIDADE DE VIGO

O pasado 15 de Marzo, ás 20:30, D. F. I. circulaba en bicicleta polo carril-bus da rúa Lopez Mora, en direción cara o centro da cidade, cando os axentes municipais nº 440 e 429, da patrulla C-4, o pararon, o obligaron a identificarse e tras telo retido durante uns 25 minutos, tramitáronlle unha multa de 200 €, considerando como infracción grave “circular en bici por un carril reservado a Bus/Taxi”.

Os colectivos Bouzas-móvete, Luita Verde, Salvemos Monteferro, Verdegaia, C.S. A Revolta e C.E. Maúxo consideramos esta sanción como un abuso e un ataque ao uso da bicicleta na cidade, xa que neste concello non se promociona nen se facilita o uso da bicicleta senon que se penaliza, aínda que esta sanción sexa debida a un exceso irracional de celo por parte dos axentes que a tramitaron ou a un desproporcionado afán recadatorio por parte do concello de Vigo.

Carece de toda lóxica penalizar a circulación en bici polo carril bus de Lopez Mora, pois non existe ningún outro carril direción centro, obligando ás bicis a circular pola rúa Camelias, con moito desnivel e ateigada de tráfico. Lopez Mora é a ruta máis doada para que a veciñanza dos bairros de Coia, Travesas, Alcabre, Coruxo, Samil e Bouzas poda desplazarse en bicicleta cara o centro da cidade, xa que é a prolongación natural da Avenida Castelao, pola mesma curva de nivel, sen costas e cun carril bus polo que se podería transitar, xa que non perxudica a circulación dos buses, que van detendose en todas as paradas e dificilmente acadan ás bicis. Muito máis entorpecen os taxis cando paran para subir ou baixar pasaxeir@s e non se lles prohíbe o uso dese carril.

En outras cidades do estado como A Coruña, Valencia, Málaga ou Granada, e fora do estado como Paris e Londres, permítese a circulación das bicis polo carril bus onde non existen infraestructuras segregadas.

O Concello de Vigo non entede que porcada bicicleta circulando pola vía pública hai un coche menos contaminando e producindo ruído. A bicicleta é un medio de transporte ecolóxico, eficiente, saludabel, silencioso e barato, non contamina, non gasta combustibeis fósiles, non contribue a potenciar o cambio climático,non colapsa o tráfico, non provoca siniestralidade, non precisa de grandes superficies para aparcar, aporta autonomía á ciudadanía, fomenta a actividade física, tranquiliza as rúas, proporciona o encontro das persoas, disminue o gasto individual e familiar en desplazamentos, non provoca contaminación paisaxística nin lumínica, humaniza as cidades e proporciona ben estar físico, mental, espiritual e social. O uso da bicicleta trae beneficios tanto para o usuario como para o resto da comunidade. Ademáis por cidade é un medio de transporte máis rápido que o automóvil, calculando o tempo porta a porta.

A bicicleta está ligada ao conceito de Cidade máis Humana onde a seguranza, a sociabilidade, a accesibilidade, a solidaridade e o ben estar das persoas ten prioridade sobre o fluxo de veículos a motor.

Informamos ao Sr. Alcalde, presidente ata o pasado mes, daRede Española de Cidades polo Clima” que naimplantación de acións encamiñadas á redución de gases de efecto invernadoiro, a promoción do uso da bicicleta é muito más económica (€/Tn CO2) que calquera outra medida de eficiencia enerxética.

Por todo isto solicitamos ao Concello de Vigo que non penalice o uso da bicicleta pola cidade, que anule esta multa (expediente 128624825) e todas as que se puideron tramitar polas mesmas causas e que promocione e facilite o uso da bicicleta, mediante construción de infraestruturas como carrís bici, carrís compartidos bus-bici-taxi ou incluso carrís con prioridade de bicicletas e que tome medidas que permitan una circulación más tranquila, más segura y más atractiva para toda a cidadanía.

Estamos convencid@s que a bicicleta debe ser, xunto ao transporte público, o eixo fundamental de calquer política de movilidade sostíbel.

A bicicleta é básica para o equilibrio social e ambiental, abrindo posibilidades para un futuro digno e sustentável para todas e todos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s