Representantes do goberno galego e da Universidade de Vigo inauguran un congreso no Talaso Atlántico

Representantes do goberno galego e da Universidade de Vigo inauguraron o Congreso Internacional sobre Marine and Freshwater Toxins Analysis  celebrado no Talaso Atlántico, un complexo ilegal e con sentenza de derribo polas súas irregularidades urbanisticas e polo seu impacto ambiental

 A Rede de asociacións ecoloxistas, de acción social e defensa cultural A RÍA NON SE VENDE ven de enviar unha carta á Conselleira de Medio Rural e do Mar e ao Presidente da Xunta de Galicia para amosar a súa indignación ante o feito de que responsables do goberno galego, inaugurasen o Congreso Internacional sobre Marine and Freshwater Toxins Analysis celebrado no complexo Talaso Atlántico. 

Talaso

Este complexo é unha edificación ilegal, construida en solo rústico protexido baixo licenzas emitidas irregularmente, e cuxa actividade ten graves efectos ambientais en terra e no mar. O Talaso, que recibiu subvencións improcedentes de varios organismos públicos, conculca a lexislación urbanistica, a lei de Odenación do Territorio, a lexislación ambiental, a lei de Augas e a Lei de Costas. O documento anexo contén un relatorio destes feitos. 

Estes feitos foron oportuna e repetidamente denunciados ante os xulgados, e divulgados nos medios de comunicación locais, galegos e estatais. Como resultado dos procedementos xuidiciais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza dictou en 2009 sentenza firme de anulación das licenzas de construcción, o que leva implícito o derribo do complexo. O Xulgado nº 3 do Contencioso Administrivo de Pontvedra instou dúas veces (2009 e 2012) a execución forzosa da Sentenza. 

É indignante que o goberno galego e a Universidade de Vigo apoien públicamente, coa súa actitude, a unha empresa que degradou irreversiblemente uha extensión de solo rústico protexido no litoral de Oia, que contamina o mar de xeito continuo, e que está destinado á demolición. 

Consideramos que a connivencia entre as administracións públicas e as empresas privadas a costa do ben común revela que os cargos públicos non actúan como xestores da democracia, senón como axentes da oligarquía económica. E o seu proceder está chegando a un nivel de impudicia que os cidadáns non podemos tolerar por máis tempo. Vaía aquí, de momento, esta denuncia pública.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s